Ana Bolena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*flamenco>flamengo
Liña 107:
 
=== Caída ===
Nos últimos días de abril, un músico [[Flandres|flamencoflamengo]] ao servizo de Ana chamado Mark Smeaton foi detido e torturado por Thomas Cromwell. Ao principio negou que el fose o amante da raíña, pero, baixo a [[tortura]], confesou. Tamén proporcionou o nome doutro cortesán -sir Henry Norris- un vello amigo tanto de Ana como do rei. Norris foi detido durante o ''May Day'' (1º de maio), pero dado que era un aristócrata non podía ser torturado. El negou a súa culpabilidade e xurou que Bolena era tamén inocente. Sir Francis Weston foi detido dous días máis tarde baixo o mesmo cargo. Tamén detiveron a William Brereton, un mozo da cámara privada do rei, que foi tamén arrestado por adulterio, pero realmente parece probable que foi vítima dun vello rancor contra el, sostido por Thomas Cromwell. O acusado final era o propio irmán da raíña Ana, detido baixo acusación de [[incesto]] e traizón, acusado de manter relacións sexuais coa súa irmá durante os últimos doce meses.
 
O 2 de maio de 1536, Ana foi detida durante o xantar e levada á [[Torre de Londres]]. Na Torre, sufriu unha crise nerviosa menor, esixindo saber todos os detalles sobre o paradoiro da súa familia e os cargos contra ela.