Castelo de Lobeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q9705443
Elisardojm (conversa | contribucións)
*flamenco>flamengo
Liña 15:
Co tempo converteuse nunha fortaleza de grande importancia na [[Idade Media]], onde se forxaron capítulos destacables da historia do [[Reino de Galiza]]. Nos séculos [[Século XI|XI]] e [[século XII|XII]] a fortaleza adquiriu unha nova relevancia, da cal son protagonistas [[Dona Urraca]], o seu fillo [[Afonso VII]] a mais do [[Diego Xelmírez|Arcebispo Xelmírez]]. Tras o finamento de [[Raimundo de Borgoña]], home de Dona Urraca, esta volve casar, perdendo así a posibilidade de herdar ó trono do [[reino de Castela]] posto que o seu pai o establecera así nunha cláusula no seu testamento. Comeza entón o enfrontamento entre os que queren coroar ó seu fillo Afonso (entre eles o Arcebispo Xelmírez) e os que apoian ó novo home de Dona Urraca, [[Afonso I de Aragón]], que quere controla-las terras da [[Galiza]]. Un dos aliados do aragonés é [[Arias Pérez]], que por aquel entón rexentaba a fortaleza de Lobeira, e quen con enganos consegue apresar a Xelmírez no castelo. A pesares diso, Afonso I de Aragón non consegue dominar a Galiza e Arias Pérez é tamén vencido. Entende entón Dona Urraca que o seu inimigo para chegar ó trono é Xelmírez e empregará sen éxito todos os seus esforzos para vencelo. En [[1116]] comeza unha guerra na que Lobeira volve ser clave e en [[1117]] a Raíña decide reconciliarse co seu fillo e claudica.
 
Da época de Don Raimundo e Dona Urraca son os tres [[petróglifo]]s que se atopan nas inmediacións do miradoiro, e que representan xogos [[Flandres|flamencosflamengos]] cos que se entretiñan os soldados holandeses que custodiaban a torre (que trouxera Don Raimundo do seu país).
 
Ó longo da súa historia posterior, Lobeira foi cobizada por calquera das partes nos diversos conflitos vinculados co poder de Compostela, como enclave para a defensa e abastecemento da capital compostelá, que xunto coas [[Torres do Oeste]] eran coñecidos coma as portas a Compostela.