Clarescuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Elisardojm (conversa | contribucións)
*flamenco>flamengo
Liña 1:
[[Ficheiro:Jacopo Tintoretto 015.jpg|miniatura|275px|''Retrato de dous homes'', de [[Tintoretto]]]]
 
O '''claroscuro''' (ás veces en [[lingua italiana|italiano]], ''chiaroscuro'') é unha [[técnica]] [[pintura|artística]] (en [[pintura]], [[debuxo]] e [[gravado]]) consistente no uso de contrastes fortes entre os volumes iluminados e os ensombrecidos do cadro para destacar máis efectivamente algúns elementos. Desenvolvida inicialmente polos pintores [[FlandesFlandres|flamencosflamengos]] e [[Italia|italianos]] do ''[[cinquecento]]'', a técnica alcanzaría a súa maduración no [[pintura barroca|barroco]], en especial con [[Caravaggio]], dando lugar ó estilo chamado ''tenebrismo''.
 
O termo [[italia]]no ''chiaroscuro'', aínda que significa aparentemente o mesmo, é empregado máis especificamente para unha técnica de gravado en [[xilografía]], que por medio de pranchas complementarias dá cores ás imaxes, como se fosen pintadas á [[acuarela]]. O primeiro uso coñecido do termo, con este significado, atribúese ó gravador italiano [[Ugo da Carpi]], quen tería tomado a idea de composicións de orixe alemá ou flamencaflamenga. Nos gravados de Da Carpi, o efecto do claroscuro destaca unha figura central iluminada por unha fonte de luz normalmente ausente do plano do cadro; porén, as áreas escuras non están tan acentuadas como chegarían a verse na obra dos principais difusores do ''chiaroscuro'', Caravaggio e [[Giovanni Baglione]].
 
A técnica impoñeríase tamén entre os [[manierismo|manieristas]], sendo exemplos deste uso a ''[[Última Cea]]'' de [[Tintoretto]] ou o seu ''Retrato de dous homes'', que presaxia as composicións de [[Rembrandt]]. O pintor holandés foi un dos máis conspicuos practicantes do claroscuro, utilizando a luz na súa composición para destacar soamente o seu obxecto específico.