Casa Pereira de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 30:
O edificio ergueuse no [[século XVIII]] en estilo barroco, e promovido por varias familias do Vigo do momento.
 
Trátase dun edificio que interpreta o barroco de xeito peculiar, mesturando a [[cantaría]] de [[perpiaño|perpiaño granítico]] con [[cachotaría]] revocada en branco, que serve para salientar os elementos senlleiros da edificación (encontros, linteis, xambas). Conta con dúas fachadas enmarcadas por pilastras angulares, que sosteñen un falso entaboamento de [[moldura]]s de cantaría, sobre a que se ubicasitúa a [[cornixa]] ricamente moldurada. A fachada da rúa do Triunfo é austera, contando só cos escudos de varias das familias promotoras da obra. A fachada da Praza da Constitución é a que concentra o maior programa decorativo, con frontóns de arcos mixilíneos nos vans das fiestras, e decoración de placas, típicas do [[barroco galego]], baixo os balcóns.<ref>Garrido Rodríguez, Xaime, 2000: A Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, p. 150.</ref>
 
== Galería de imaxes ==