Heliobacteriáceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
}}
 
As '''heliobacteriáceas''' ou '''Heliobacteriaceae''', tamén chamadas '''heliobacterias''' (do grego ''helios'', sol) son unha familia de bacterias [[fotosíntese|fotosintéticas]] que non desprenden oxíxeno durante a a súa fotosíntese ([[fotosíntese anoxixénica]]), xa que só teñen o [[fotosistema I]]. Nisto diferéncianse do tipo de fotosíntese realizado polas [[planta]]s ou as [[cianobacteria]]s, que usan dous [[fotosistema]]s e desprenden oxíxeno. O principal pigmento que utilizan as heliobacterias para a absorción da enerxía da luz é a [[bacterioclorofila]] ''g'', que é exclusiva deste grupo e ten un [[espectro de absorción]] característico peculiar, o que fai que as heliobacterias ocupen un [[nicho ecolóxico|nicho]] propio. Os pigmentos están situados na [[membrana plasmática]], que non forma pregamentos cara ao interior da célula nin compartimentos como nas [[bacterias púrpuras]]. Aínda que as heliobacterias son [[fotótrofo|fotótrofas]], poden crecer tamén sen luz facendo a [[fermentación]] do [[piruvato]]. Comprende catro xéneros con forma de [[bacilo]].
 
As árbores filoxenéticas de [[ARNr]] sitúan as heliobacterias entre as [[Firmicutes]]. Non teñen membrana externa, e forman [[endospora]]s de resistencia, que conteñen altos niveis de [[calcio]] e [[ácido dipicolínico]]. As heliobacterias son as únicas Firmicutes que poden facer a fotosíntese.