Augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Tratamento: de en:Aguas residuales.
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 95:
 
==== Tratamento secundario ====
Ten como obxetivo eliminar a [[materia orgánica]] en [[disolución]] e en estado coloidal mediante un proceso de oxidación de natureza biolóxica seguido de sedimentación. Este proceso biolóxico é un ''proceso natural controlado'' no cal participan os microorganismos presentes na auga residual, e que se desenvolven nun reactor ou tanque de aireación, e mais os que se desenvolven, en menor medida no [[decantador]] secundario. Estes microorganismos, principalmente [[bacteria]]s, aliméntanse dos sólidos en suspensión e estado coloidal producindo na súa degradación [[dióxido de carbono]] e auga, orixinándose unha [[biomasa]] bacteriana que precipita no ''decantador secundario''. Así, a auga queda limpa a cambio de producirse uns [[fango]]s para os que hai que buscar un medio de eliminalos.
 
No decantador secundario, hai un fluxo tranquilo de auga, de forma que a biomasa, é dicir, os [[floculación|flóculos]] bacterianos producidos no reactor, sedimentan. O sedimento que se produce e que, como se dixo, está formado fundamentalmente por bacterias, denomínase [[fango activo]] ou activado.