Augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Tratamento: de en:Aguas residuales.
Liña 75:
 
A eliminación de augas residuais dunha planta industrial é un problema difícil e custoso. Moitas [[refinería de petróleo|refinerías de petróleo]], plantas químicas e [[petroquímica]]s<ref>{{cite book | author=Beychok, Milton R. | title=[[Aqueous Wastes from Petroleum and Petrochemical Plants]] | edition=1st | publisher=[[John Wiley & Sons]] | year=1967 | id= [[LCCN]] 67019834}}</ref><ref>{{cite book|author=Tchobanoglous, G., Burton, F.L., and Stensel, H.D.|title=Wastewater Engineering (Treatment Disposal Reuse) / Metcalf & Eddy, Inc.|edition=4th|publisher=[[McGraw-Hill Book Company]]|year=2003|isbn=0-07-041878-0}}</ref> teñen instalacións propias para trataren as súas augas residuais para que as concentracións de contaminantes nas augas producidas cumpran coas regulacións vixentes para o seu vertido. Outros procesos industriais que producen moitas augas residuais son a produción de papel e pasta de papel.<ref>J. F. Byrd, M. D. Ehrke, J. I. Whitfield. (1984) [http://www.jstor.org/stable/25042250 "New Bleached Kraft Pulp Plant in Georgia: State of the Art Environmental Control"] ''Water pollution control federation'' '''56'''(4): 378–385.</ref>
 
=== Etapas do tratamento da auga residual ===
O proceso de tratamento da auga residual pódese dividir en catro etapas: pretratameento, tratamento primario, secundario e terciario. Algúns autores consideran incluída a etapa preliminar na de tratamento primario.
 
==== Etapa preliminar ====
A etapa preliminar debe cumprir dúas funcións:
# Medir e regular a cantidade de auga que chega á planta depuradora.
# Extraer os sólidos flotantes grandes e a area (ás veces, tamén a [[graxa]]).
Normalmente as plantas están deseñadas para tratar un [[volume]] de auga constante, o cal debe adaptarse ao feito de que a auga utilizada por unha comunidade non é constante. Hai horas, xeralmente diúrnas, nas que o volume de auga producida é maior, polo que deben instalarse sistemas de regulación de forma que o volume de auga que entre no sistema de tratamiento sexa uniforme.
 
Igualmente, para que o proceso poida efectuarse normalmente, cómpre filtrar a auga para retirar dela sólidos e graxas. As estruturas encargadas desta función son as ''reixas'', ''cribas'', ''trituradores'' (ás veces), [[desgraxador]]es e [[desareador]]es. Nesta etapa tamén se pode realizar a [[preaireación]], que ten as seguintes funciòns: a) Eliminar os ''compostos volátiles'' presentes na auga usada, que se caracterizan por ser cheirentos, e b) Aumentar o contido de oxíxeno da auga, o que axuda á disminución da produción de malos cheiros nas etapas seguintes do proceso de tratamento.
 
==== Tratamento primario ====
Ten como obxectivo eliminar os sólidos en [[Suspensión (química)|suspensión]] por medio dun proceso de sedimentación simple por gravidade ou axudada por [[coagulante]]s e [[floculante]]s. Así, para completar este proceso pódense agregar [[composto químico|compostos químicos]] (sales de ferro, aluminio e polielectrólitos floculantes) co obxecto de precipitar o fósforo, os sólidos en suspensión moi finos ou os que están en estado de [[coloide]].
 
As estruturas encargadas desta función son os ''estanques de sedimentación primarios'' ou ''clarificadores primarios''. Habitualmente están deseñados para suprimiren aquelas partículas que teñen ''taxas de sedimentación'' de 0,3 a 0,7&nbsp;mm/s. O chamado ''período de retención'' é normalmente curto, de 1 a 2&nbsp;h. Con estes parámetros, a profundidad do estanque fluctúa entre 2 e 5&nbsp;m.
 
Nesta etapa elimínase por precipitación arredor do 60 ao 70&nbsp;% dos sólidos en suspensión. Na maioría das plantas existen varios sedimentadores primarios e a súa forma pode ser circular, cadrada ou rectangular.
 
==== Tratamento secundario ====
Ten como obxetivo eliminar a materia orgánica en [[disolución]] e en estado coloidal mediante un proceso de oxidación de natureza biolóxica seguido de sedimentación. Este proceso biolóxico é un ''proceso natural controlado'' no cal participan os microorganismos presentes na auga residual, e que se desenvolven nun reactor ou tanque de aireación, e mais os que se desenvolven, en menor medida no [[decantador]] secundario. Estes microorganismos, principalmente [[bacteria]]s, aliméntanse dos sólidos en suspensión e estado coloidal producindo na súa degradación [[dióxido de carbono]] e auga, orixinándose unha [[biomasa]] bacteriana que precipita no ''decantador secundario''. Así, a auga queda limpa a cambio de producirse uns [[fango]]s para os que hai que buscar un medio de eliminalos.
 
No decantador secundario, hai un fluxo tranquilo de auga, de forma que a biomasa, é dicir, os [[floculación|flóculos]] bacterianos producidos no reactor, sedimentan. O sedimento que se produce e que, como se dixo, está formado fundamentalmente por bacterias, denomínase [[fango activo]] ou activado.
 
Os microorganismos do reactor aireado poden estar en suspensión na auga (''procesos de crecemento suspendido'' ou fangos activados), adheridos a un medio de suspensión (''procesos de crecemento adherido'') ou distribuídos nun sistema mixto (''procesos de crecemento mixto'').
 
As estruturas usadas para o tratamento secundario inclúen ''filtros de area intermitentes'', ''filtros [[percolación|percoladores]]'', ''contactores biolóxicos rotatorios'', ''leitos fluidizados'', ''estanques de fangos activos'', ''lagoas de estabilización ou oxidación'' e ''sistemas de dixestión de fangos''.
 
==== Etapa terciaria ====
Ten como obxectivo suprimir algúns contaminantes específicos presentes na auga residual tales como os [[fosfato]]s que proveñen do uso de [[deterxente]]s domésticos e industriais cuxa descarga en cursos de auga favorece a [[eutrofización]], é dicir, un desenvolvemento incontrolado e acelerado da [[vexetación]] acuática que esgota o oxíxeno, e mata a fauna existente na zona. Non todas as plantas teñen esta etapa, xa que dependerá da composición da auga residual e o destino que se lle ha dar.
 
==Reutilización==