Vicente Blasco Ibáñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: amaño homónimos
Liña 5:
Cursou estudios de Dereito na [[Universidade de Valencia]] e licenciouse en 1888, aínda que practicamente non exerceu esta carreira. Dividiu a súa vida entre a política, a literatura e o amor ás mulleres, das que era un admirador profundo, tanto da beleza física como das súas características psicolóxicas. Definíase como un home de acción, antes que como un literato. Escribía cunha inusitada rapidez. Entusiasta de [[Miguel de Cervantes]] e da historia e a literatura castelás.
 
Quixo que a súa vida fose a súa mellor novela e conseguiuno. Militante do partido [[republicano]] desde a súa xuventude, fundou o diario ''[[El Pueblo (diario de Valencia)|El Pueblo]]'' en Valencia, foi deputado en Cortes en diversas ocasións e bateuse en duelo en varias veces. Nun destes desafíos estivo a punto de perder a vida. A bala alcanzou a fibela do cinto, gracias ao cal salvou a vida. Tivo amores tempestuosos, e cara [[1909]] viaxou a [[Arxentina]] onde, ademais de crear dúas cidades, [[Nova Valencia]] e Cervantes, impartiu conferencias sobre a historia e a literatura casteláns. Anos despois, cansado da súa vida de colonizador na que recolleu algúns fracasos que non lle son atribuíbles, Vicent Blasco Ibañez, un dos novelistas máis brillantes daquel cambio de século, marchou a París, coincidindo coa chagada ao poder de [[Cánovas del Castillo]] e o inicio da [[Primeira Guerra Mundial]].
 
Ingresou con 21 anos na masonería o 6 de febreiro de 1887 e adoptou o nome simbólico de Danton. Formou parte da Loxa Unión núm. 14 de Valencia i posteriormente da loxa Acacia núm. 25.