Caché: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Engadido sinónimo con referencia.
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:cache,basic.svg|frame|Diagrama dunha [[memoria]] caché de [[CPU]].]]
En [[informática]], unha '''caché''' ou '''memoria de reserva''' <ref>http://webs.uvigo.es/sli/lexico/mn.html</ref> é un conxunto de datos que son unha réplica doutros orixinais, coa propiedade de que os datos orixinais son máis custosos de acceder (normalmente en [[velocidade]]) ou de calcular en comparación ao tempo de acceso aos copiados na caché. Noutras palabras, a caché é unha área de almacenamento temporal en onde se copian datos que son lidos frecuentemente. Cando se accede por primeira vez a un dato, faise unha copia na caché; os accesos seguintes realízanse á devandita copia, facendo que o tempo de acceso medio ao dato sexa menor.
 
Un caso concreto de uso do termo caché é a zona de memoria de disco denominado [[caché de disco]] (''disk cache'' ou ''cache buffer'', en [[Lingua inglesa|inglés]]), consistindo en pequenas cantidades de memoria de alta velocidade que adoitan estar integradas nos [[Procesador|procesadores]], [[Disco duro|discos duros]] e outros dispositivos, mellorando o rendemento destes ao permitir un acceso rápido aos datos cos que se está a traballar.