Ictus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 39:
# '''De orixe intravascular''':
## ''' [[arteriosclerose|Trombótico]]''' ou aterotrómbico: Fórmase un [[coagulación do sangue|coágulo]] nunha das arterias que irrigan o cerebro (trombo), provocando a isquemia. Este fenómeno vese favorecido pola presenza de placas de aterosclerose nas arterias cerebrais.
## '''Embólico''': Consecuencia dun coágulo formado nunha [[vea]] doutra parte do corpo ([[embolia]]) e que, tras desprenderse total ou parcialmente, viaxa cara ao cerebro a través do torrente sanguíneo, ou ben outro material chegado ao torrente circulatorio por diferentes motivos: normalmente coágulo formado no corazón e tamén [[fractura]]s (''embolismo grasograxo''), [[tumor]]es (''embolismo metastásico''), [[fármaco]]s ou ata unha burbulla de aire. Ao chegar ás pequenas arterias cerebrais o émbolo queda encallado cando o seu tamaño supera o calibre das mesmas, dando lugar ao fenómeno isquémico.
# '''De orixe extravascular''':
## Estenose por fenómenos compresivos sobre a parede vascular: [[Absceso]]s, [[quiste]]s, [[tumor]]es, etc...
 
=== Ictus hemorráxico ===
Débense á rotura dun [[vaso sanguíneo]] [[encéfalo|encefálico]] debido a un [[Hipertensión arterial|pico hipertensivo]] ou a un [[aneurisma]] [[conxénito]]. Poden clasificarse en: intraparenquimatosos e hemorraxia subaracnoidea.