Diferenzas entre revisións de «Descompoñedor»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
[[Ficheiro:Fungi in Borneo.jpg|miniatura|300px|Os fungos e os procariotas son seres descompoñedores.]]
 
Os '''descompoñedores''' son organismos que se alimentan de materia orgánica morta dos ecosistemas e constribúen á súa descomposición natural.<ref name=ACE>[http://nerrs.noaa.gov/doc/siteprofile/acebasin/html/biores/decomp/dctext.htm NOAA. ACE Basin National Estuarine Research Reserve: Decomposers.]</ref> Son seres [[heterótrofo]]s que converten os compostos orgánicos dos que se alimentan en compostos inorgánicos (sales, gases), que poden volver a ser utilizados polos seres vivos, polo que xogan un papel moi importante nos [[ciclo bioxeoquímico|ciclos bioxeoquímicos]] da natureza. Os descompoñedores máis típicos absorben substancias orgánicas do seu ambiente por osmotrofia e descompóñenas directamente nos seus [[metabolismo]]s, sen utilizaren aparatos dixestivos, e estes son especies de [[bacteria]]s, [[arquea]]s e [[fungo (bioloxía)|fungo]]s, mentres que os pequenos animais descompoñedores, como por exemplo, [[miñoca]]s ou [[artrópodo]]s, que dixiren nos seus aparatos dixestivos os residuos orgánicos, reciben o nome máis específico de [[detritívoro]]s. Algúns [[protista]]s tamén funcionan como descompoñedores. Xeralmente se exclúen dos descompoñedores aos animais [[necrófago (bioloxía)|necrófagos]] ou carroñeiros (larvas de [[mosca]], [[escaravello]]s, [[voitre]]s, [[hiena]]s, etc.), pero os restos deixados por estes son descompostos polos descompoñedores. <ref>C.Michael Hogan. 2011. [http://www.eoearth.org/article/Trophic_level?topic=58074 ''Trophic level''. Eds. M.McGinley & C.J.cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC]</ref>
 
As bacterias saprótrofas poden descompoñer case calquera tipo de materia orgánica.<ref>[http://soils.usda.gov/sqi/concepts/soil_biology/bacteria.html USDA Natural Resources Conservation Service: Soil Biology.]</ref> As bacterias saprófitas son moi abundantes nos solos, onde pode haber 40 millóns de bacterias por gramo de solo.
205.265

edicións