Fitopatoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
Por outra banda os patóxenos poden presentar diferentes graos de dependencia do seu hospedador, diferénciase habitualmente dous grupos de [[parasito]]s:
*Os parasitos estritos, son altamente dependentes do hospedador. Polo xeral non matan as células das que se nutren. Son específicos ou de moi estreito rango de hóspedes existindo ás veces diferentes cepas ou [[patovar]]es que só poden atacar a especies o incluso razas concretas de plantas.
*Os [[Saprotofia|saprófitos]] teñen un amplo rango de hospedadores, é dicir que son polífagos. Matan a célula por mecanismos encimáticos antes de se alimentar do seu contido. poloxeral son organismos descompoñedores[[descompoñedore]]s de materia morta que en casos concretos de frouxidade no hospedador poden colonizar tecidos vivos.
O concepto de susceptibilidade é importante á hora de analizar a incidencia e severidade dun patóxeno nun vexetal. Considérase que unha planta é susceptíbel cando posúe a calidade de se converter en sede dunha infección, é dicir, de servir de hospedador a un patóxeno. Deste xeito unha planta é susceptíbel a un patóxeno cando este é quen de penetrar, infectar e orixinar na planta os síntomas característicos da enfermidade.