Diferenzas entre revisións de «Nutrición autótrofa»

m
sen resumo de edición
m
[[Ficheiro:Alga volvox.png|dereita|400px|miniatura|A alga [[Volvox]] é un ser con nutrición autótrofa.]]
A '''nutrición autótrofa''' (de ''autos'', "por si mesmo", e ''trofo'', "que se alimenta") é o tipo de [[nutrición]] característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizaren substancias esenciais para o seu [[metabolismo]] partindo de substancias inorgánicas. Os autótrofos obteñen o seu carbono do CO<sub>2</sub>. Existen dous tipos de procesos autótrofos:
 
* A [[fotosíntese]] dos seres fotolitoautrótofos (característico de plantas e outros organismos) que é o proceso no que se elabora materia orgánica, como os azucres, a partir de materia inorgánica, como a auga, dióxido de carbono e sales minerais. Para realizar esta reacción química requírese a enerxía bioquímica que a clorofila produce a partir da enerxía solar.
 
:A fotosíntese presenta unha [[fase luminosa]], na que a enerxía procedente do Sol é transformada en enerxía bioquímica, e una [[fase escura]], na que, utilizando esta enerxía bioquímica, se obteñen azucres.
 
* A [[quimiosíntese]] dos organismos quimiolitróficos realizada por bacterias mediante a [[oxidación]] de compostos inorgánicos (anhídrido sulfuroso ou compostos ferrosos) para produciren enerxía.
187.665

edicións