Selo de Madagascar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
creo a partir da en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2014 ás 14:41

O selo de Madagascar é un dos símbolos nacionais do país e inclúe un pequeno mapa da illa no centro (xunto con dúas pequenas illas ó seu carón, que son as illas Gloriosas e a illa Tromelin). Na parte inferior atópase representada a cabeza dun cebú. As cores empregadas son o vermello, o verde, o amarelo, o negro e o branco. Os raios verdes e vermellos saen dende o mapa do estado, facendo que se asemelle ó sol.

Selo de Madagascar
Detalles
ArmigerMadagascar
Adoptado1998
DivisaTanindrazana, Fahafahana, Fandrosoana
("Patria, Liberdade, Desenvolvemento")

Nas beiras do selo lense as palabras en lingua malgaxe REPOBLIKAN'I MADAGASIKARA que significan "República de Madagascar", e na base TANINDRAZANA - FAHAFAHANA - FANDROSOANA que significan "Patria - Liberdade - Desenvolvemento". Varias versións do artigo 4 da Constitución de Madagascar empregaron outros lemas.

Escudos históricos