Diferenzas entre revisións de «Contaminación do medio hídrico»

→‎Enfermidades por vectores relacionados ca auga: ca é un comparativo: Pedro corre máis ca min.
(→‎Enfermidades por vectores relacionados ca auga: ca é un comparativo: Pedro corre máis ca min.)
As bacterias patóxenas que contaminan a auga e causan enfermidades encóntranse nas excrecións dos seres humanos e dos animais de sangue quente (mascotas, ganado e animais silvestres). Poden transmitirse a través doa auga, dos alimentos, de persoa a persoa e de animais a seres humanos. As bacterias que máis afectan á saúde pública son [[Vibrio cholerae]], causante do [[cólera]]; [[Escherichia coli]], [[Campylobacter jejuni]] e [[Yersinia enterocolitica]], causantes de [[gastroenterite]] agudas e diarreicas; [[Salmonella typhi]], que produce [[febre tifoidea|febres tifoideas]] e paratifoideas; e [[Shigella]], causante de [[disentería]]. As persoas enfermas de [[diarrea]] e con afeccións gastrointestinais eliminan un alto número de bacterias nas súas feces: ata 100 millóns de bacterias de Escherichia coli, 10 millóns de bacterias de Campylobacter, un millón de bacterias de Salmonella e un millón de bacterias de Vibrio cholerae. Estas bacterias chegan ós cursos de auga a través das descargas de [[augas residuais]] sen [[depuración de augas residuais|tratar]] ou con tratamento deficiente, da drenaxe de chuvias, das descargas provenientes de plantas de procesamento de carne de gando e aves, e de escorrentías que pasan polos currais de gando. Nas zonas rurais, a práctica da defecación a campo aberto tamén constitúe unha fonte de contaminación das augas superficiais. As bacterias patóxenas representan un serio risco para a saúde pública e é prioritario eliminalas da auga de consumo humano, debido a que a súa inxesta podería ocasionar un [[andazo]] con graves consecuencias para a saúde da poboación.
 
=== Enfermidades por vectores relacionados cacoa auga ===
[[Ficheiro:Aedes_albopictus_on_human_skin.jpg|miniatura|dereita|[[Aedes Aegypty]], vector da [[febre amarela]]]]
Existen enfermidades cuxos [[vector epidemiolóxico|vectores]] se relacionan cacoa auga. Os vectores son os [[insecto]]s ([[mosquito]]s, [[mosca]]s) e outros animais que poden transmitir infeccións e que crían ou viven cerca de augas contaminadas ou limpas. Entre ditas enfermidades encóntrase o [[paludismo]], a [[febre amarela]], o [[dengue]], a [[enfermidade do sono]] e a [[filariase]]. Para previr estes males, é preciso eliminar os insectos que os orixinan, pero hai que ter coidado co tipo de [[insecticida|praguicida]] que se empregue, porque se poden contaminar as fontes de auga e producir riscos á vida humana. É importante empregar métodos biolóxicos de control como depredadores naturais, evitar a presenza de charcos e durmir baixo mosquiteiros.
 
A incidencia de enfermidades transmitidas por vectores parece estar aumentando debido á resistencia dos mosquitos ó DDT, o insecticida de maior uso, e ós cambios ambientais, que crean novos lugares de cría. Ó parecer, a migración, o [[cambio climático]] e a creación de novos hábitats provocan que menos xente desenvolva [[inmunidade (medicina)|inmunidade]] natural a estas enfermidades.
199.507

edicións