Anseriformes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 64 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q21651
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
'''Anseriformes''' é unha orde de [[aves]] acuáticas que contén 161 especies distribuídas por 48 xéneros e 4 familias, [[Anatidae]], [[Anhimidae]], [[Anseranatidae]] e [[Dendrocygnidae]]. Os ''anatidae'' inclúen animais como o [[pato]], o [[ganso]] e o [[cisne]] e distribúense pola totalidade dos continentes, mentres que os ''anhimidae'' están restrinxidos a [[América do Sur]].
 
As aves anseriformes habitan zonas acuáticas continentais como [[lago]]s, pantanos[[pantano]]s, ríos e esteiros, porén algunhas especies migran a zonas costeiras durante a época de reprodución. Son aves que en canto ó seu tamaño varía entre os 30 e 180 cm de envergadura, e cun peso entre os 200 gr e 20 kg. A plumaxe destas aves é moi variada, mentres algunhas especies son monocromáticas outras ofrecen unha multitude de cores, salientando a dos machos. As crías dos anseriformes son moi precoces e nacen cos ollos abertos e deseguido nadan. Estas aves teñen [[membrana interdixital|membranas interdixitais]] nas patas, como unha adaptación ao medio acuático. Os anseriformes son aves omnívoras que se alimentan de follas, froitos e raíces de plantas terrestres e acuáticas, e tamén de [[insecto]]s, [[larva]]s e pequenos [[crustáceo]]s. Moitas das especies de anseriformes son migratorias.
 
O grupo inclúe algunhas especies [[domesticación|domesticadas]] polo home para explotación cárnica, de plumón ou ovos. Moitas especies son consideradas especialidades gastronómicas ou cinexéticas.