Orthocoronavirinae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
itálicas
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 41:
==Replicación==
[[Ficheiro:coronavirus replication.png|miniatura|esquerda|300px|Ciclo de infección dun coronavirus.]]
A replicación dos coronavirus empeza coa súa entrada na célula, a cal ten lugar no [[citoplasma]] nun microambiente protexido por membrana. Unha vez dentro, a partícula vírica decapsídase e o xenoma de ARN libérase no citoplasma. O xenoma dos coronavirus ten unha [[carapucha 5']] metilada e unha cola 3' [[poliadenilación|poliadenilada]]. Isto permite que o ARN se una aos [[ribosoma]]s para ser [[tradución de proteínas|traducido]]. Os coronavirus tamén teñen unha proteína chamada replicase codificada no seu xenoma, que transcribe o ARN viral xenómico creando novas copias de ARN utilizando a maquinaria da célula. A replicase é a primeira proteína que se traduce, xa que unha vez que o xene que codifica a replicase se traduce a tradución queda detida por un [[codón de finalización]]. Isto coñécese como transcrito aniñado (''nested transcript''), no cal o transcrito só codifica un xene, polo que é [[monocistrónico]]. Replícase o xenoma de ARN e fórmase unha longa poliproteína a partir do seu único xene, pero que contén todas as proteínas do virus unidas na longa cadea polipeptídica. Os coronavirus teñen unha proteína non estrutural de tipo [[protease]] que separa as distintas proteínas cortando a longa cadea. Isto é unha forma de economía xenética do virus, que lle permite codificar a máxima cantidade de xenes coa menor cantidade posible de [[nucleótido]]s.
 
A transcrición dos coronavirus implica unha síntese descontinua de [[ARN]] (cambio de molde) durante a extensión da copia negativa dos ARNm subxenómicos. Requírese o apareamento de bases durante a transcrición. Para realizar a síntese do seu ARN cómpre a proteína N dos coronavirus, xa que ten unha actividade de [[chaperona]] de ARN que pode estar implicada no cambio de molde. Para a replicación e transcrición son necesarias tanto proteínas virais coma celulares. Os coronavirus inician a tradución por mecanismos dependentes ou independentes da carapucha. Despois da infección o virus pode controlar a síntese macromolecular da célula situando algunhas proteínas do virus no núcleo da célula hóspede. A infección por distintos coronavirus causa no hóspede alteracións nos patróns de [[transcrición xenética|transcrición]] e [[tradución (proteínas)|tradución]], no [[ciclo celular]], o [[citoesqueleto]], a [[apoptose]] e as vías de [[coagulación do sangue|coagulación]], [[inflamación]], e respostas inmunes e ao estrés.<ref name=sobrino4>{{Cite book|author=Enjuanes|year=2008|chapter=Coronavirus Replication and Interaction with Host|title=Animal Viruses: Molecular Biology|publisher=Caister Academic Press|isbn=978-1-904455-22-6|display-authors=1|pages=149–202}}</ref>