Abrir o menú principal

Cambios

 
== Desnitrificación heterótrofa ==
A desnitrificación heterótrofa pode aplicarse ao [[tratamento de augas residuais]]. A desnitrificación heterótrofa é un proceso biolóxico de redución do nitrato presente nas [[augas residuais]] a nitróxeno molecular en condicións anóxicas pola acción de [[bacterias]] heterótrofas (''[[Pseudomonas]], [[Paraccocus]], [[Alcaligenes]], [[Thiobacillus]], [[Bacillus]]''), que usan un substrato orgánico como fonte de carbono e enerxía.
 
No proceso de desnitrificación existe ademais a posibilidade de acumulación de intermediarios (NO<sub>2</sub><sup>–</sup>, N<sub>2</sub>O, NO) debido ao tipo e concentración do substrato empregado ou ás condicións de operación (temperatura, [[pH]], tempo de residencia hidráulico, tempo de retención celular). Baseándose nisto, para que a transformación acabe en N<sub>2</sub>, deberán controlarse as condicións ambientais como o nivel de O<sub>2</sub> disolvido, a fonte de carbono orgánico, a concentración de nitratos, a relación C/N, a dispoñibilidade de [[fósforo (elemento)|fósforo]], pH, temperatura e a posible presenza de tóxicos.<ref> (Cervantes et al., 1999; Moratalla, 1997)</ref>
174.839

edicións