Piorno espiñento: Diferenzas entre revisións

especie botánica
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase na versión española da Wikipedia [es:Genista hystrix]
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de agosto de 2014 ás 06:44

  • Este artigo trata sobre a especie "Genista hystrix", para a especie homónima de nome científico "Genista anglica" véxase o artigo gatiña.

O Piorno espiñento (Genista hystrix), é un piorno (familia das Leguminosas) endémico do noroeste peninsular, incluíndo Galiza.

Descrición

Arbusto leñoso e espiñento (ás veces por iso é chamado de toxo), de 1-1,5 m de altura, con talos rexos, estriados e acabados en espiños. Follas sobre as pólas novas, simples, alternas, sentadas, lineares, con pubescencia adosada no envés. Flores axilares en feixes, amarelas, ao longo das pólas máis vellas. Cáliz tomentoso, en forma de campá e persistente; dentes do labio superior triangular-lanceolados. Vexilo (estandarte) ovalado, lampino, mais cunha fita media sedosa e un pequeno escote no ápice. Froito en legume recto, pardo e con pelos aplicados. Florea na primavera.[1]

Distribución e hábitat

Endemismo do cuadrante noroeste da Península Ibérica, Galiza, Castela e León, norte de Estremadura, e metade norte de Portugal, que se desenvolve nas matogueiras ou piorneiras de terreos silíceos (lousas, peridotitos, etc.) e asciende até uns 1000 (1520) m de altitude.[2]

Taxonomía

Genista hystrix foi descrita por Johan Martin Christian Lange e publicado en Descriptio Iconibus Illustrata Plantarum Novarum...Flora Hispanica 1: 1, pl. 2. 1864.[3]

Etimoloxía

Genista: procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero e deu en galego o termo xesta (en portugués: giesta), que normalmente se emprega máis nas especies do xénero Cytisus . Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridos se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito anttes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se convertiu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Geoffrey plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.[4]

hystrix: epíteto

Notas

  1. Penas, A.; Diez J., Llamas F., Rodríguez M. (1991). Plantas Silvestres de Castilla y León. Valladolid:Ámbito. ISBN 84-86770-40-8.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda)
  2. López González, Ginés A. (2007). Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares (3ª ed.). Madrid:Mundi-Prensa. isbn=10: 84-8476-312-9. 
  3. "Piorno espiñento". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 5 de abril de 2014. 
  4. [http://www.calflora.net/botanicalnames/pageG.html En N

Véxase tamén

Outros artigos