Oxidorredución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 58:
=== Redutores ===
{{AP|Axente redutor}}
As substancias que teñen a capacidade de '''reducir''' outras substancias (o que fai que esas substancias gañen electróns) dise que son '''redutoras''' ou ''redutivas'' e denomínanse [[axente redutor|axentes redutores]] ou redutores. O redutor (axente edutor) transfire electróns a outras substancias, e así el queda oxidado. Como "doa" electróns, o axente redutor denomínase tamén [[doante de electróns]]. Os doantes de electróns poden tamén formar [[complexo de transferencia de carga|complexos de transferencia de carga]] con aceptores de electróns.
 
Os redutores en química son moi diversos. Os metais elementais [[electropositivo]]s, como o [[litio]], [[sodio]], [[magnesio]], [[ferro]], [[cinc]], e [[aluminio]], son bos axentes redutores. Estes metais doan ou ceden electróns doadamente. Os ''reactivos de transferencia de hidruros'', como o [[borohidruro de sodio|NaBH<sub>4</sub>]] e o [[hidruro de litio aluminio|LiAlH<sub>4</sub>]], son amplamente usados en [[química orgánica]],<ref>{{cite book|last=Hudlický|first=Miloš|title=Reductions in Organic Chemistry |publisher=American Chemical Society |year=1996|location=Washington, D.C.|pages=429|isbn=0-8412-3344-6}}</ref><ref>{{cite book|last=Hudlický|first=Miloš|title=Oxidations in Organic Chemistry|publisher=American Chemical Society |year=1990|location=Washington, D.C.|pages=456|isbn=0-8412-1780-7}}</ref> principalmente na redución de compostos de [[carbonilo]] a [[alcohol|alcohois]]. Outro método de redución implica o uso de gas hidróxeno (H<sub>2</sub>) cun [[catalizador]] de [[paladio]], [[platino]], ou [[níquel]]. Estas ''reducións catalíticas'' utilízanse principalmente na redución de enlaces carbono-carbono dobres ou triplos.