Oxidorredución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 41:
A palabra ''oxidación'' orixinalmente implicaba unha reacción co [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] para formar un óxido, xa que o dioxíxeno (O<sub>2</sub> (g)) foi historicamente o primeiro axente oxidante recoñecido. Máis tarde, o significado do termo ampliouse para abranguer as substancias similares ao oxíxeno que realizaban reaccións químicas similares. Finalmente, o significado xeneralizaouse incluíndo todos os procesos que implicaban perda de electróns.
 
A palabra ''redución'' orixinalmente referíase á perda de peso que se producía despois de quentar un mineal metálico como un [[óxido metálico]] para extraer o metal. Noutras palabras, o mineral era "reducido" a metal. [[Antoine Lavoisier]] (1743-1794) demostrou que esa perda de peso debíase á perda de oxíxeno en forma de gas. Posteriormente, descubriuse que o átomo metálico gañaba electróns nese proceso. O significado de ''redución'' despois foi xeneralizado para incluír todos os procesos que implicaban gañanciaganancia de electróns. Malia que "redución" pode parecer antiintuitivo cando se fala dunha ''gañanciaganancia'' de electróns, axuda a pensar na redución como unha perda de oxíxeno, que era un dos seus significados históricos.
 
O electroquímico [[John Bockris]] utilizou as palabras ''electronación'' e ''deselectronación'' para describir os procesos de redución e oxidación, respectivamente, cando ocorren en [[eléctrodo]]s.<ref>{{Cite book|author=John O'M. Bockris and Amulya K. N. Reddy|title=Modern Electrochemistry |publisher=Plenum Press|year= 1970|pages=352–3}}</ref> Estas palabras son análogas a [[protonación]] e [[desprotonación]], pero non foron adoptadas apenas polos químicos.