Al-Ghazali: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños e engado texto traducido de es.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
engado texto traducido de ca.wiki
Liña 17:
 
Algazel foi o teólogo que inspirou ós [[Almohades]], pero non ós [[Almorávides]], e así, a comezos do século XII, o emir almorávide Alí ben Yúsuf ordenou, aconsellado por certos alfaquíes, que se queimasen as súas obras.
 
== A influencia de Algazel ==
Algazel finou á idade de cincuenta e cinco anos, despois dunha vida que se pode considerar curta se se consideran a amplitude, a riqueza e a influencia da súa obra. Pódese dicir que foi un dos principais pensadores musulmáns, un dos que deixaron o sinal máis profundo, merecendo así o alcume de «renovador do [[século V]] da [[Héxira]]». A gran influencia que tivo Algazel pode ser atribuída a varios elementos, por exemplo:
* A profundidade, a forza e a extensión do seu pensamento, consignado en máis de cincuenta obras, as máis importantes das cales son ''Ihya Ulum al-Din'' (''Revivificación das ciencias da fe''), ''Tahāfut al-falāsifa'' (''A incoherencia dos filósofos'') e ''Al-Munquidh min al-Dalal'' (''Erro e liberación''), obras que seguen a estudase hoxe en día.
* Os seus puntos de vista estaban de acordo coa súa época e o seu medio, reflectindo esta época sen dúbida, constituíndo un elemento de continuidade e de orde máis que un factor de renacemento e de cambio.
* Despois del, a sociedade e o pensamento islámicos entraron nunha longa era de esclerose, onde os grandes pensadores son raros, cousa que explica que o pensamento de Algazel continuase vivo e influente.
 
A influencia da Algazel sobre o pensamento islámico pode verse nos elementos a continuación:
* Retorno do «principio de temor» no pensamento relixioso, e insistencia na existencia do Creador que se sitúa no centro da existencia humana e que rexe directamente e constantemente o curso das cousas (despois de que os sufís desmontaran o "principio de amor").
* Reconciliación entre a ''xària '' e o sufismo (entre os xurisconsultos e os sufís) e multiplicación das confrarías sufís.
* Defensa do islam sunnita contra a filosofía.
* Enfraquecemento da filosofía e das ciencias da natureza.
 
A influencia de Algazel estendeuse máis aló do mundo islámico até o pensamento europeo [[Xudaísmo|xudeu]] e [[Cristianismo|cristián]].
 
A finais do [[século XI]] e sobre todo no [[século XII]] da era cristiá, numerosas obras árabes de matemáticas, astronomía, ciencias naturais, química, medicina, filosofía e teoloxía foron traducidas ó [[latín]], entre as elas algunhas obras de Algazel, como ''Ihya Ulum al-Din'' (''Revivificación das ciencias da fe''), ''Maqāsid al-falāsifa'' (''As intencións dos filósofos'') que algúns tomaron por erro como unha exposición do pensamento de Algazel a pesar de que se trataba dunha recapitulación dos principios filosóficos naquel tempo, ''Tahāfut al-falāsifa'' (''A Incoherencia dos filósofos'') e ''Mizan al-'Amal'' (''Criterio da acción'').
 
Ademais, algúns sabios europeos coñecían o árabe e puideron coñecer directamente os puntos de vista de Algazel; a influencia é moi claramente perceptible en numerosos filósofos e sabios da Idade Media e do comezo da era moderna, particularmente [[Tomé de Aquino]], [[Dante Alighieri|Dante]] e [[David Hume]]. Tomé de Aquino (1225-1274), no seu ''[[Summa Theologiae]]'' débelle moito a Algazel (sobre todo - a ''Ihyā' 'ulūm al-dūn'' (''Revivificación das ciencias da fe''), a ''Kimiya-yi Sa'adat'' (''A alquimia da felicidade''), a ''Ar-Risala al-Laduniyya'' (''A sabedoría das criaturas de Deus'') e na ''Mensaxe divina''.
 
Os escritos de Dante (1265-1321) revelan claramente o poder islámico de Algazel e de ''Risalat al-Ghufran'' (''Epístola do perdón'') de [[Abu-l-Ala al-Maari|al-Maari]]. E Algazel exerceu igualmente unha influencia sobre [[Blaise Pascal]] (1623-1662), sobre todo dando a primacía na intuición sobre a razón e os sentidos, e esta influencia faise sentir en David Hume (1711-1772), na súa refutación da causalidade.
 
Parece que Algazel exerceu unha influencia máis profunda sobre a [[Filosofía xudía]] que sobre a teoloxía e o pensamento cristiáns. [[Yehudà ha-Leví]] inspírase para compor o seu ''Kuzari''. [[Isaac Albalag]], continuador xudeu de Ibn Ruixd ([[Averroes]]), escribe un comentario sobre o ''Tahafut'' que se asemella moito ó ''Tahafut al-Tahafut'' do seu mestre. En efecto eran numerosos os sabios xudeus da Idade Media que coñecían perfectamente a lingua árabe, e algunhas obras de Algazel foron traducidas ó [[hebreo]]. O seu libro ''Mizan al-'Amal'' (''Criterio da acción''), en particular, atopou un público nos xudeus da Idade Media: foi varias veces traducido ó hebreo, e mesmo adaptado, os versículos do [[Corán]] son substituídos polas palabras da [[Pentateuco|Torá]]. Un dos grandes pensadores xudeus que recibiu a influencia de Algazel foi [[Maimónides]] (en árabe: Musa Ibn Maimun; en hebreo: Moixé ben Maymon (1135-1204)). Esta influencia é manifesta na súa ''Dalalat al Ha'irin'' (Guía dos perdidos), redactado en árabe, unha das obras máis importantes da teoloxía xudía medieval.<ref>En canto á influencia do pensamento árabe e islámico sobre a civilización cristiá e xudía europea en xeral (incluíndo a influencia de Algazel), véxase E. Myers, ''Arabic tought and the Western world in the golden age of islam (en inglés)''.</ref>
 
Os escritos de Algazel sobre educación representan o apoxeo do pensamento na civilización islámica. A concepción da educación que elaborou pode ser considerada como a construción máis acabada neste dominio, definindo claramente os obxectivos da educación, trazando o camiño a seguir e expondo os medios de chegar ó obxectivo buscado. Algazel exerceu unha influencia evidente sobre o pensamento educativo islámico da vida do [[século XIII]] da Héxira (do [[século XII]] ó [[século XIX]] da era cristiá). Pódese case dicir que con raras excepcións, os prácticos e os teóricos da educación non fixeron nada máis que copiar a Algazel e resumir os seus puntos de vista e os seus escritos.
 
A case totalidade do pensamento educativo islámico (e en particular sunnita) seguíu o camiño trazado por Algazel, a influencia ininterrompida do cal sobreviviu a chegada da modernidade occidental e a aparición da civilización árabe moderna contemporánea.
 
== Véxase tamén ==