Al-Ghazali: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños e engado texto traducido de es.wiki
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Algazel.jpeg|miniatura|Al-Ghazali.]]
'''Abu Hamid Muhammad ibn Muhammad al-Ghazali''', (nado en [[TusGhazaleh]], [[Irán]], en [[1058]] -e finado en [[Tus]], Irán, en [[1111]]), foi un teólogo islámico e filósofo [[Persia|persa]] de lingua literaria árabe, coñecido tradicionalmente como '''Algazel''' en [[Europa]] durante a [[Idade Media]], contribuíu decisivamente no desenvolvemento teórico do [[sufismo]] e da súa aceptación como corrente islámica.
 
==Traxectoria==
Al-Ghazali deu clases na [[madrasa]] ''Nizamiyyah'' de [[Bagdad]], a escola máis importante da época de ouro da civilización islámica, entre [[1091]] e [[1096]], ás súas clases ían centos de alumnos, incluíndo profesores doutras escolas de xurisprudencia.
 
Deixou Nizamiyyah e principiou unha viaxe espiritual durante unha década, visitou [[Damasco]], [[Xerusalén]], [[Hebrón]], [[Medina]], [[A Meca]] e volveu a Bagdad onde parou brevemente antes de volver a Tus para pasar os seguintes anos en reclusión, no ano [[1106]] suspendeu a súa reclusión para un breve período de ensino na madrasa de Nishapur.
 
Foi clave no aumento da influencia da escola [[asharita]] na filosofía islámica e o máis importante opoñente aos [[Mutazilita|Mutazilitas]]. O seu libro ''Tuhafut al-Falasifa'' (''A incoherencia dos Filósofos'') é o maior expoñente da [[epistemoloxía]] islámica, e Ghazali retomou o esceptiscismo filosófico que non volvera a ser común ata o [[século XVIII]] con [[George Berkeley]] e [[David Hume]], este encontro co esceptismo conduciu a Ghazali a teorizar sobre unha forma de ocasionalismo teolóxico ou a crenza que a causa dos sucesos e accións non son o produto de conxuncións materiais senón da inmediata acción de [[Alah]], pensamento que será retomado polos fundamentalistas islámicos. No libro tamén rexeita a filosofía de [[Platón]] e [[Aristóteles]] por contaminar a fe islámica.
 
No libro tamén rexeita a filosofía de [[Platón]] e [[Aristóteles]] por contaminar a fe islámica.
==Obra==
[[Ficheiro:Alchemy of Happiness.png|miniatura|Copia de ''A Alquimia da felicidade''. Biblioteca Nacional de Francia.]]
Á parte dunha defensa do [[islam]] en corenta libros chamada ''Proba do islam'', escribiu con finalidade antifilosófica un tratado en dous partes: ''As intencións dos filósofos'', parte expositiva, e ''A incoherencia dos filósofos'', parte crítica, na que rebate as súas afirmacións; como o Occidente latino só coñeceu a primeira parte, ''Maqasid al falasifa'' traducida por [[Domingo Gundisalvo]] como unha das achegas da chamada [[Escola de Tradutores de Toledo]], transmitiuse o erro de consideralo un dos principais discípulos de [[Avicena]] e foi considerado en Europa como un filósofo antes que como un teólogo. En cambio, [[Averroes]] critícao na súa obra titulada ''[[A destrución da destrución|Incoherencia da incoherencia]]'', que en latín se coñeceu como ''Destrución da destrución''.
 
Algazel serviu como transmisor da obra de Aristóteles e comentarista dos seus seguidores musulmáns [[Avicena]] e [[Alfarabi]]. Aínda que estudou os postulados racionalistas, chegou ó convencemento da ineficacia da razón como ferramenta de coñecemento ou de comunicación con Deus; iso fíxolle chegar a postulados [[Misticismo|místicos]] e a abrazar o [[sufismo]] durante dez anos. As súas obras principais son, á parte de ''A destrución dos filósofos'' tan criticada por Averroes, sobre todo ''Revivificación das ciencias relixiosas''. Rexeita a eternidade do mundo como herética, subordinando a [[filosofía]] á [[teoloxía]]: á beira do coñecemento ordinario, froito dos sentidos, coloca un [[coñecemento]] [[intuición|intuitivo]] froito da [[ascética]] e a [[fe (relixión)|fe]]. A súa [[moral]], aínda que fundada no ''Corán'', acusa influencias gregas e cristiás. Criticou duramente as doutrinas racionalistas de [[Alfarabi]]. Crese que máis tarde, regresou ós seus postulados de principio que outorgaban un papel central á [[razón]] como ferramenta do coñecemento humano, exercendo de novo o maxisterio. Escribiu tamén unha autobiografía titulada ''O que libra do erro'', onde expón o seu itinerario espiritual, da que hai tradución moderna (''Confesións: O salvador do erro'', introdución e notas de Emilio Tornero, Madrid: Alianza Editorial, 1989).
 
Algazel foi o teólogo que inspirou ós [[Almohades]], pero non ós [[Almorávides]], e así, a comezos do século XII, o emir almorávide Alí ben Yúsuf ordenou, aconsellado por certos alfaquíes, que se queimasen as súas obras.
 
== Véxase tamén ==
Liña 14 ⟶ 22:
=== Bibliografía ===
* Artigo ''ALGAZEL'' da [[Gran Enciclopedia Galega]].
* Asín Palacios, Miguel, ''La espiritualidad de Algazel y su sentido cristiano'' Granada: Escuela de Estudios Árabes, 1935
* Asín Palacios, Miguel, ''Algazel: dogmática, moral y ascética'', Zaragoza, 1901.
* Algazel, ''Confesiones: el salvador del error''. Introducción y notas de Emilio Tornero. Madrid: Alianza Editorial, 1989.
* Al-Ghazālī, ''Carta al discípulo''. Versión, posfacio y notas de J. J. Acevedo V. Palma de Mallorca: José J. de Olañeta, 2006.
* Ramón Guerrero, Rafael, ''Al-Gazâlî: A Defesa do Islâ Sunita'', en R. H. de Souza Pereira (organizaçâo): ''O Islâ clásico. Itinerarios de uma cultura'', Sâo Paulo: Editora Perspectiva, 2007, pp. 177-210.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ghazali.org/ Obras de Al-Ghazali, en árabe e traducións ao inglés]
 
{{Ligazón AB|en}}