Matemáticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Kurt_gödel.jpg" que foi borrado en Commons por Natuur12. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/File:Kurt gödel.jpg
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3325162 de CommonsDelinker (conversa)+imaxe
Liña 41:
[[Ficheiro:Russell PM 1+1=2.png|miniatura|350px|esquerda|Exemplo de notación matemática complexa nunha obra de [[Bertrand Russell|Russell]], no punto concreto onde deduce que 1+1=2.]]
A maioría da notación matemática que se usa hoxe en día non foi inventada ata o [[século XVI]]<ref>{{Cita web |url=http://jeff560.tripod.com/mathsym.html |título=Earliest Uses of Various Mathematical Symbols (Contains many further references) |autor= |data= |obra= |editor=Jeff Miller (coord.) |dataacceso=21 de maio de 2013 |lingua=inglés}}</ref>. Antes diso, as matemáticas eran escritas con palabras, un minucioso proceso que limitaba o avance matemático<ref>{{Cita libro |título=Mathematical Thought from Ancient to Modern Times |nome=Morris |apelidos=Kline |ligazónautor=Morris Kline |coautores= |ano=1990 |editor=Oxford University Press |localización= USA |isbn=0-19-506135-7 |páxina= |páxinas=140, 261 |dataacceso= |lingua= inglés}}</ref>. [[Leonhard Euler|Euler]] (1707–1783) foi o responsábel de moitas das notacións que se usan hoxe. A notación moderna fai a matemática moito máis fácil para o profesional, mais os principiantes a encontran complicada. A información está extremadamente comprimida: uns poucos símbolos conteñen unha gran cantidade de información. Ao igual ca [[notación musical]], a moderna notación matemática ten unha sintaxe estrita (que polo seu limitado alcance, varía dun autor a outro e dunha a outra disciplina) e codifica información que sería difícil de escribir doutra maneira.
[[Ficheiro:1925 kurt gödel.png|miniatura|[[Kurt Gödel]], autor dos [[Teorema da incompletude de Gödel|teoremas de incompletitude]], na súa época de estudante.]]
 
A [[linguaxe matemática]] pode ser difícil de entender para os principiantes. Palabras como "ou" e "só" teñen un significado máis restritivo ca na linguxe coloquial. Máis aínda, palabras como "[[conxunto aberto|aberto]]" e "[[campo (matemáticas)|campo]]" adquiriron uns significados matemáticos especializados. Termos técnicos como "[[homeomorfismo]]" e "[[integral|integrable]]" teñen significados precisos en matemáticas. Outras frases como "se é só se" son exclusivas da xerga matemática. Hai unha razón para a notación especial e o vocabulario técnico: as matemáticas requiren máis precisión ca linguaxe coloquial. Os matemáticos refírense a esta precisión da linguaxe e da lóxica como "rigor".