Bacterias púrpuras do xofre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
[[Halothiobacillus|Halothiobacillaceae]]
}}
As '''bacterias púrpuras do xofre''' son un grupo de [[gammaproteobacterias]] que poden facer a [[fotosíntese]], que en conxunto forman a orde '''Chromatiales''', e que, xunto coas bacterias púrpuras non do xofre, forman o grupo das [[bacterias púrpuras]]. Son organismos [[organismo anaeróbico|aneoróbicos]] ou [[microaerófilo]]s, e a miíudo se encontran en [[fonte termal|fontes termais]] ou augas encoradas. A súa fotosíntese é anoxixénica, é dicir, a diferenza das [[planta]]s, [[alga]]s e [[cianobacteria]]s, non usan auga como [[doante de electróns]] na fotosíntese e non desprenden oxíxeno, senón que no lugar da auga utilizan [[sulfuro de hidróxeno]], que se oxida formando gránulos de [[xofre]] elemental; este á súa vez pode oxidarse para formar [[sulfato]]. Moitas poden reducir tamén o [[tiosulfato]] (S<sub>2</sub>O<sub>3</sub><sup>2-</sup>) ou outros compostos xofrados. Os pigmentos fotosintéticos encóntranse en sistemas membranosos internos orixinados por invaxinación da membrana plasmática. Algunhas especies da familia Ectothiorhodospiraceae son extraordinariamente [[halófilo|halófilas]].
 
As bacterias púrpuras do xofre foron incluídas nunha orde propia, Chromatiales, e divididas en dúas familias, as [[Chromatiaceae]] e as [[Ectothiorhodospiraceae]], que respectivamente producen gránulos de xofre internos e externos, e mostran diferenzas na estruura das súas membranas internas. Máis tarde, na década do 2000, dentro da orde foron incluídos dous novos xéneros non fotosintéticos que forman as súas propias familias, o xénero ''[[Halothiobacillus]]''<ref>LPSN Halothiobacillaceae [http://www.bacterio.net/h/halothiobacillaceae.html]</ref>, e o ''[[Granulosicoccus]]''.<ref>LPSN Granulosicoccaceae [http://www.bacterio.net/g/granulosicoccaceae.html]</ref>