Antonio Salieri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
categorias
Liña 6:
Pasou a maior parte da súa vida na Corte Imperial de [[Viena]], para a que foi compositor e Mestre de capela. A súa filosofía artística resúmese no título dunha das súas óperas célebres: '''''Prima la musica e poi le parole'''''.
 
Músico de gran valía e dotado de gran talento, adicouse á ensinanza. Viu o seu nome unidovencellado a unha presunta rivalidade con [[Wolfgang Amadeus Mozart]], rivalidade que contén ademais de acusacións de plaxio, unha máis grave, que é a de causar a morte do compositor de Salzburgo, episodio sen ningunha base histórica e que foi recreado primeiro nun poema polo poeta [[Alexander Pushkin]], no que se inspirou o compositor [[Nikolai Rimski-Kórsakov]] para facer unha ópera de nome ''Mozart e Salieri''. Posteriormente o escritor británico [[Peter Shaffer]] adaptouna para escribir a obra de teatro ''[[Amadeus]]'', levada á gran pantalla con éxito de público e crítica polo [[director de cine|director]] [[Milos Forman]] nunha película homónima que recibiu 8 premios [[Oscar]].
 
Durante a súa carreira tivo como alumnos a futuros músicos destinados a ser famosos, como [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]], [[Franz Schubert|Schubert]], [[Franz Liszt|Liszt]], [[Carl Czerny|Czerny]], [[Johann Nepomuk Hummel|Hummel]] e un dos fillos do propio Mozart.
 
===Comezos===
DespoisApós de estudar [[violín]] con [[Giuseppe Tartini]], trasladouse trala morte dos seus pais xuntoa ócarón do seu irmán Francesco, primeiro a [[Padua]] e logo a [[Venecia]], para aprender a arte do [[contrapunto]] na escola de [[Giovanni Pescetti]]. En Venecia coñeceu a [[Leopoldo Gassmann]], ''Kapellmeister'' en Viena, que o levou con el en 1770 á capital austriaca, á corte de [[Xosé II de Habsburgo]]. Á morte de Gassmann, en 1774, asumiu o papel de compositor da corte.
 
Xa neste posto, despois das súas primeiras óperas (''Le Donne letterate'', de 1770, e ''Armida'', de 1771), seguiu a composición da ópera que o consagrou no panorama musical da época, ''[[L'Europa riconosciuta]]'', encargada pola emperatriz [[María Tareixa I de Austria]] e que inaugurou o 3 de agosto de 1778 o ''Nuovo Regio Ducal Teatro'' (actual [[Teatro de La Scala]]) de [[Milán]]. Esa mesma ópera escenificouse na reapertura do teatro o 7 de decembro de 2004 tras un longo período de restauración.
Liña 18:
 
===Os últimos anos===
Nos seus últimos anos de vida viu como a súa saúde empeorou repentinamentede súpeto e de modo irreversible. Quedou cego e pasouficou os últimosderradeiros anos da súa vida internado nun hospital. Dúas das súas enfermeiras afirmaron que nesa época o compositor se autuinculpara da morte de Mozart.
 
Salieri está sepultado no camposanto [[Zentralfriedhof]] de Viena. No seu funeral [[Schubert]] (o seu alumno predilecto) dirixiu o ''Requiem'' que o propio Salieri escribira tempo atrás para a súa propia morte.
 
===A presunta rivalidade con Mozart===
Arredor de 1790 Mozart, no cumio da súa fama, acusou a Salieri, cunha popularidade xa decadente, de plaxio e de querer atentar contra a súa vida. Segundo o historiador [[Alexander Wheelock Thayer]] as sospeitas de Mozart poderían ter orixe nun episodio ocorrido dez anos antes, cando Mozart viu como Salieri lle quitaba o posto de profesor de música da princesa de Württemberg. Ó ano seguinte, Mozart nonon consiguiuconseguiu nin sequera o posto de profesor de piano da princesa.
 
Cando a ópera de Mozart ''[[Le nozze di Figaro]]'' tivo en principio un xuízo negativo tanto do público como do propio emperador, o compositor acusou a Salieri do fracaso e de boicotear a estrea (''"Salieri e os seus acólitos moverían ceo e terra con tal de facelo caer"'', comentou o pai de Mozart, Leopold, referíndose ó primeiro fracaso do seu fillo; ese fracaso sería só temporal, como demostrará máis adiante o éxito desta ópera). Pero naquela época Salieri estaba ocupado en [[Francia]] coa representación da súa ópera ''Les Horaces'', o que fai dubidar sobre as posibilidades de decidir a esa distancia sobre o éxito ou o fracaso dunha ópera.