Doante de electróns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
En certas circunstancias, a transferencia de electróns pode ser só fraccionaria, o que significa que o electróns non se transfire completamente, senón que se orixina unha resonancia entre o doante e o aceptor, o que dá lugar á formación de [[complexo de transferencia de carga|complexos de transferencia de carga]].<ref>IUPAC Gold book [http://goldbook.iupac.org/E01989.html electron donor-acceptor complex] e [http://goldbook.iupac.org/C01003.html charge-transfer complex]</ref>
 
==En bioloxía==
En moitos procesos biolóxicos básicos, como a respiración ou a fotosíntese, os doantes de electróns son fundamentais. Na respiración aeróbica os doantes de electróns directos da cadea de transporte electrónico son coencimas como o [[NADH]] e [[FADH]]asub>2</sub>, que á súa vez recolleron os electróns das substancias procedentes dos alimentos (ou de azucres fotosintéticos) que se están a oxidar. As células acumulan reservas de substancias doadamente oxidables (doantes de electróns) como a glicosa en forma de [[amidón]] ou [[glicóxeno]]. Nos organismos [[litótrofo]]s os doantes de electróns son inorgánicos, como por exemplo, compostos do xofre. Na fotosíntese o doante de electróns último é a auga, a cal rompe orixinando O<sub>2</sub>, H<sup>+</sup> e electróns; estes electróns van a servir para substituír os que perderon as clorofilas ao darlles a luz. No metabolismo o papel dos coencimas reducidos é fundamental como doantes de electróns para as biosínteses, ou para o ciclo de Calvin, ademais de para a cadea de transporte electrónico respiratoria.