Coníferas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 41:
A maior parte das coníferas son [[monoico|monoicas]], mais algunhas son subdioicas ou mesmo [[dioico|dioicas]]. No entanto, en xeral os [[órgano (anatomía)|órganos]] [[masculino]]s e [[feminino]]s encóntranse en estruturas separadas, chamadas [[estróbilo]]s (tamén chamados conos ou [[Piña (coníferas)|piña]]s, no caso dos [[piñeiro|piñeiros]]).
 
Nas ''[[Pinaceae]]'', ''[[Araucariaceae]]'', ''[[Sciadopityaceae]]'' e na maioría das ''[[CupresaceaeCupressaceae]]'', os conos son leñosos e, cando [[maduración|madurecen]], as [[escama (botánica)|escama]]s xeralmente abren para liberar as [[semente]]s, que poden dispersarse polo [[vento]] ou por [[animal|animais]]. Noutras [[especie]]s, como os [[abeto]]s, os conos poden desintegrarse e, aínda noutras, os conos son [[carnudo]]s e comidos polos animais, que liberan as sementes coas súas [[feces]]. Os conos maduros poden permanecer na planta durante longos períodos como, por exemplo, en certas especies de piñeiros que están adaptados a fogos regulares. Nestas árbores as sementes poden ficar dentro dos conos fechados até 60-80 anos, sendo liberadas apenas cando un fogo mata a árbore.
 
O [[arilo]] é un cono extremamente modificado de moitas especies das familias ''Podocarpaceae'', ''Cephalotaxaceae'', ''Taxaceae'' e dunha especie de ''Cupresaceae'' (''Juniperus''), que evolucionou no sentido da dispersión das sementes polos animais.