Alfredo Vilas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
==Traxectoria==
Naceu nunha familia acomodada economicamente: o seu pai, Manuel Vilas Insua foi alcalde de [[Boqueixón]] e conseguira unha solvente posición adquirindo propiedades eclesiásticas na [[desamortización]]. Estudou Medicina e Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], e xa dende os seus tempos de estudante, que coincidiron co [[Sexenio Revolucionario]] e a [[Primeira República Española|Primeira República]], emprendeu unha activa posición política [Esquerda (política)[esquerdismo|esquerdista]]. Participou en Academias estudantís (asociacións de estudantes universitarios) e outras actividades que levantaron o receo da Igrexa compostelá, controladora case absoluta por entón da vida política e social da conservadora cidade. Este enfrontamento coas autoridades eclesiásticas acompañouno toda a súa vida, mesmo no intre da súa morte.
 
O entusiasmo na defensa do republicanismo, con incidencia na reclamación do ensino laico e a instrución como garante de emancipación da clase obreira e labrega, a separación da igrexa e o estado, e a reclamación da autonomía para Galicia, son algunhas das claves da súa traxectoria, así como a perseverancia nestas ideas a contra corrente dun entorno ultraconservador como o compostelán, e mesmo frente a republicanistas de nome pero acomodados ao [[caciquismo]] dos partidos da época. A traxectoria profesional como avogado foi exitosa dende novo, acadando prestixio pola súa habilidade oratoria no foro, apoiada nunha vasta erudición ás veces complementada, se o caso o requería, nos seus coñecementos como médico, título que por outra parte non exerceu. Foi ademais asiduo colaborador na prensa, sendo correspondente de ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]'', ''[[La Gaceta de Galicia]]'' e impulsor e colaborador entre outros do xornal satírico ''[[El Ciclón]]'', que sufriu a [[censura]] eclesiástica.
Liña 13:
Presidente do Círculo Republicano santiagués e participante en multitude de mitins, banquetes literarios e políticos da época cos seus tradicionais brindes e discursos, a súa fama como "elocuentísimo orador", na terminoloxía habitual da prensa do momento, estaba xa consolidada cando en 1886 actuou de presentador en varios mitins de [[Emilio Castelar]], como os de [[Betanzos]] ou [[Ferrol]]. Polos eloxios deste, así como as entusiastas crónicas dalgúns corresponsais da prensa galega, fixo fortuna o apelativo de Alfredo Vilas como "El Castelar gallego", que o acompañou dende aquela.
 
En [[1891]] pronunciou un discurso ao paso do cadaleito de [[Rosalía de Castro]] durante o seu traslado a [[San Domingos de Bonaval]]. Dende un balcón situado fronte á Universidade (actual facultade de historia), e ao berro de "Deteneos!", as palabras de Vilas romperon a estrita censura que a igrexa marcara para aquela xornada, fóra dos actos relixiosos. Según lembraba a Gaceta de Galicia anos despóis, "un home valeroso ergueu a súa frentefronte e axitou os seus brazos sobre a moitedumemultitude sobrecollida. E diante da suxestión dunha voz admirada, a voz dun grande e elocuente tribuno popular, a comitiva chantou as súas prantasplantas sobre o chan e escoitou a súa prédica (...). Aquel discurso de Alfredo Vilas foi o primeiro paso de xigante na glorificación da autora de Follas Novas"<ref>"''Galicia va a pagar su deuda con Rosalía Castro"'', en Gaceta de Galicia, 7 de marzo de 1914, pax. 1</ref>
 
En 1896, coincidindo co traslado da audiencia provincial á Coruña, Alfredo Vilas estableceu nesta cidade o seu bufete, e durante uns anos exerceu de líder do republicanismo coruñés, sendo síndico do concello. Decepcionado polo ton conservador dos republicanos coruñeses (aspecto comentado por [[Castelao]] en ''[[Sempre en Galiza]]'', donde cita a [[Curros Enríquez]] e Alfredo Vilas como contrapostos a ese republicanismo que transixía co caciquismo), Vilas retirouse da primeira liña da política nos seus últimos anos, aínda que en 1902 deu un sonado mitin en réplica á campaña do ultraconservador Ramón Nocedal.
 
==Enfrontamentos coa igrexa==
En 1892, con motivo dunha recaída de saúde considerada insalvable (das que Alfredo Vilas protagonizou varias, debido a un problema hepático), o arcebispo [[Martín de Herrera]] delegou á casa do orador até a seis eclesiásticos de distintas ordes<ref>"''Asedio místico"'', en Las Baleares, diario republicano, 21 de marzo de 1892, pax. 1</ref>, que amparados na desesperación da súa muller e irmá, tentaron sen éxito a conversión do enfermo. No momento previo á súa morte, acontecida na casa do alcalde do Grove, tras unha súbita indisposición, co enfermo xa inconsciente, o crego traído de Santiago pola muller de Vilas negouse a darlle a [[extremaunción]], alegando a inconsciencia deste e a súa "coñecida vida e ideas". A familia tentou soterralo en Santiago ou en [[Prevediños, Touro|Prevediños]] ([[Touro]]), lugar de orixe da súa familia e segunda residencia do finado. O arcebispo de Santiago negou o permiso para o enterro "en sagrado", e os restos de Alfredo Vilas foron trasladados por tren ao [[cemiterio de San Amaro da Coruña]], ao ser o único de carácter civil, onde foi soterrado nun multitudinario enterro. Este episodio, vinganza póstuma da autoridade eclesial sobre Vilas, motivou unha polémica social, e unha carta aberta aos distintos xornais por parte da súa muller, criticando duramente a "falla de piedade" da igrexa.
 
==Valoración da súa figura==
Probablemente por non ter unha sólida obra escrita, e a súa brillantez oratoria estar recollida só pola prensa, e "de oídas" a maioría das veces, a figura de Alfredo Vilas semella estar bastante esquecida, en contraste coa notoriedade social e política acadada en vida. A falla de sucesores directos motivou tamén a perda dos seus arquivos e legado, contribuíndo a esta escuridade biográfica.[[Antón Vilar Ponte]] adicoulle un artigo<ref>"''Cosas nuestras.(Con motivo de la muerte de Alfredo Vilas)"'', Vilar Ponte, Antón, en Revista gallega - N. 499, pax. 4 e 5</ref> á súa morte no que lamentaba o modo en que a prensa galega empequenecía o seu valor ao chamalo "El Castelar gallego", sendo para el superiores as súas dotes oratorias ás do presidente da primeira república.
 
En vida, deu nome a unha avenida na [[illa da Toxa]], e tras do seu pasamento, unha rúa da zona vella da Coruña levou o seu nome, até que foi mudado polo actual de Historiador Bedía.