Antonio Fernández Carnicero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo de Antonio Fernández Ramos, médico de Baños de Molgas e Carmen Carnicero. Estudou Medicina na [[Universidade de Santiago de Compostela]], rematando en [[1925]]. Neses anos iniciou a súa militancia no [[Partido Comunista de España|Partido Comunista]]. Casou coa mestra [[María Bouzas Pérez]] en [[1926]]. Exerceu como médico en [[Baños de Molgas]] e en [[1928]] solicitou colexiarse en [[Ourense]]. Trasladouse á capital para ser médico xeneral e en [[1930]] firmou contrato como médico da compañía ferroviaria Vías y Construcciones. Tiña a súa consulta enfronte da [[Estación de Ourense - Empalme|Estación de Ourense]] e os luns consultaba gratis ás familias pobres. Activo militante do Partido Comunista participou na edición de ''[[El Soviet]]'' xunto con [[Luís Soto]] e Juan Nóvoa. Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi buscado polos falanxistas, a súa consulta e domicilio foron arrasados, pero conseguiu pasar a Portugal por [[Tourém]] e chegar a [[Chaves]] coa axuda de varios curas e familiares. En Chaves foi detido polas autoridades portuguesas pero grazas á axuda de amigos e pacientes ourensáns conseguiu eludir a súa repatriación e partir inmediatamente cara a [[Lisboa]]. Tras pasar por un campo de concentración en [[Francia]] exiliouse en [[México]] en xaneiro de 1937, onde se estableceu como médico. Conseguiu levar a México á súa muller e os dous fillos, que lograron salvarse da represión dos falanxistas.
 
En México e en compañía de [[Luís Soto]], proseguiu o activismo político vinculado ao Grupo Gallego de la UGT en México (cuxo máximo representante era Luís Soto) e contribuíu a formar a Comisión Gallega de Ayuda a la Junta Suprema de Unión Nacional en [[1944]], sendo responsable de propaganda da mesma. Participou no financiamento do primeiro número de ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]'' e colaborou economicamente co Partido Comunista e coas iniciativas galeguistas en México. Regresou a España logo da morte de Franco, en agosto de [[1978]], coa súa esposa e acompañados do agregado cultural de Cuba en México.