Potencial de eléctrodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
''E''<sub>Célula</sub> = ''E''<sub>Cátodo</sub> − ''E''<sub>Ánodo</sub>
 
O potencial de eléctrodo medido pode ser ou ben o do [[equilibrio termodinámico|equilibrio]] no eléctrodo de traballo ("potencial reversible"), ou un potencial cunha reacción neta que non é cero no eléctrodo de traballo pero con corrente neta cero ("potencial de corrosión", "[[Teoría do potencial mixto|potencial mixto]]"), ou un potencial cunha corrente neta que non é cero no eléctrodo de traballo (como na [[corrosión galvánica]] ou [[voltametría]]). Os potenciais reversibles poden ser ás veces convertidos ao [[potencial estándar de eléctrodo]] paapara unha especie electroactiva dada por extrapolación dos valores medidos ao [[estado estándar]].
 
O valor do potencial de eléctrodo en condicións de non equilibrio depende da natureza e composición das fases en contacto, e da [[cinética electroquímica|cinética das reaccións de eléctrodo]] na interface (ver [[ecuación de Butler-Volmer]]).