McDonnell Douglas MD-80: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m imaxe
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 47:
 
=== Designación do modelo ===
[[Ficheiro:JAL MD-81(JA8295) (4780136092).jpg|miniatura|250px|MD-81 de [[Japan Airlines]]]]
Xa que o MD-80 non era de feito un avión novo, continúa sendo operado baixo unha modificación do certificado da FAA do orixinal DC-9 (un caso semellante ocorreu cos posteriores MD-90 e Boeing 717). O certificado emitido ao fabricante do avión leva as designacións do modelo exactamente tal e como aparecen na solicitude do mesmo, incluíndo o uso de guións ou puntos decimais, e debe coincidir co que está gravado nos datos ou na placa de identificación do avión. Como un fabricante decide chamar a un avión por motivos promocionais é irrelevante para as autoridades aeronáuticas. A primeira modificación do certificado do DC-9 para o novo MD-80 foi solicitada como DC-9-81, e aprovada o 26 de agosto de 1980. Todos os modelos do MD-80 dende entón foron aprovados con modificacións adicionais ao certificado do DC-9. En [[1983]] [[McDonnell Douglas]] decidiu que o DC-9-80 (Super 80) sería designado MD-80. En vez de usar sinxelamente o prefixo MD- como un símbolo de mercadotecnia, solicitouse novamente enmendar o certificado para incluir o MD-81, MD-82 e MD-83. Este cambio producíuse o [[10 de marzo]] de [[1986]], e a certificación declarou que aínda que podía usarse a designación MD entre paréntese, este debía estar acompañada pola oficial, por exemplo: DC-9-81 (MD-81). Dende entón todos os avións da serie MD-80 levaban estampados MD-81, MD-82 ou MD-83 na súa placa de identificación.