Respiración celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 57:
===Cadea de transporte electrónico e fosforilación oxidativa===
{{AP|Cadea de transporte electrónico|Fosforilación oxidativa|ATP sintetase}}
A cadea de transporte electrónico ou cadea respiratoria encóntrase na membrana mitocondrial interna ou na membrana bacteriana. Está formada por un conxunto de transportadores que se poden pasar electróns uns a outros en reaccións [[redox]]. A cadea recibe electróns dos coencimas formados durante a respiración. Estes coencimas no caso da respiración da glicosa fórmanse no ciclo de Krebs, na descarboxilación do piruvato e na fase previa de glicólise. Outras deshidroxenacións biolóxicas e a beta-oxidación dos ácidos graxos poden tamén producir coencimas reducidos. Os electróns que ceden os coencimas circulan pola cadea respiratoria cedendo pouco a pouco enerxía, que se aproveita para bombear protóns ao espazo intermembrana mitocondrial (ou ao [[espazo periplásmico]] da superficie da bacteria). Ao final da cadea está o osíxeno, que recolle os electróns e únese a protóns formando auga (½ O<sub>2</sub> + 2e<sup>-</sup> + 2H<sup>+</sup>→ H<sub>2</sub>O). Necesitamos respirar osíxeno para que este exerza esta función na cadea respiratoria mitocondrial. Os protóns bombeados na cadea acumúlanse no espazo intermembrana creando un gradiente, xa que a membrana é impermeable a eles e unha vez bombeados non poden volver de volta.
 
Na membrana mitocondrial interna (e na membrana bacteriana) hai tamén un encima chamado [[ATP sintetase]] que pode sintetizar ATP a partir de ADP e fosfato. Este encima ten unha canle para deixar pasar os protóns acumulados. Cando este fluxo de protóns atravesa o encima este actívase e empeza a sintetizar ATP. Este proceso chámase fosforilación oxidativa e produce a maior parte do ATP da célula. Por tanto, o funcionamento da cadea de transporte electrónico está combinado coa fosforilación oxidativa.