Mitocondria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 65:
[[Ficheiro:ETC electron transport chain.svg|miniatura|300px|Diagrama da cadea de transporte electrónico]]
{{AP|Cadea de transporte electrónico|Fosforilación oxidativa}}
A enerxía [[redox]] dos coencimas NADH e FADH<sub>2</sub> producidos no ciclo de Krebs (ou a dos producidos no citosol) transfírese ao osíxeno (O<sub>2</sub>) por medio da cadea de transportadores de electróns.<ref name=Voet/> Estes transportadores, á vez que se ceden os electróns bombean protóns cara o espazo intermembrana, creando nel un [[quimiosmose|gradiente quimiosmótico]]. Este proceso é eficiente, pero unha pequena porcentaxe dos electróns pode reducir prematuramente o osíxeno, formando radicais como o [[superóxido]].<ref name=Voet/> Isto pode causar un [[estrés oxidativo]] na mitocondria e pode contribuír ao declive da función mitocondrial asociada co proceso de envellecemento.<ref name="oxidativedamage">{{cite journal| first=K. |last=Huang| coauthors=K. G. Manton| year=2004| title=The role of oxidative damage in mitochondria during aging: A review| journal=Frontiers in Bioscience| pmid=14977532| volume=9|pages=1100–1117| doi=10.2741/1298}}</ref>
 
A medida que crece o gradiente quimiosmótico no espazo intermembrana creado polo bombeo de protóns, estes poden tornar á matriz a través do complexo encimático da [[ATP sintetase]], e o seu potencial enerxético é utilizado para a síntese no encima de ATP a partr de ADP e fosfato inorgánico (P<sub>i</sub>).<ref name=Voet/> Este proceso e o funcionamento da ATP sintetase foi estudado polos [[premios Nobel]] [[Peter D. Mitchell]]<ref name=Mitchella>{{cite journal | author=Mitchell P, Moyle J | title=Chemiosmotic hypothesis of oxidative phosphorylation | journal=Nature. | date= 1967-01-14 | volume=213 | issue=5072 | pmid=4291593 | pages=137–9 | doi = 10.1038/213137a0}}</ref><ref name=Mitchellb>{{cite journal | author=Mitchell P | title=Proton current flow in mitochondrial systems | journal=Nature. | date=1967-06-24 | volume = 25 | issue=5095 | pages=1327–8 | pmid=6056845 | doi = 10.1038/2141327a0}}</ref> , [[Paul D. Boyer]] e [[John E. Walker]].<ref>{{cite web | last =Nobel Foundation | title =Chemistry 1997 | date = | url =http://nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/1997/ | accessdate =2007-12-16 }}</ref>