Pilus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q934786
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
Os '''nanocables bacterianos''' (ou nanocables microbianos) son apéndices que son condutores eléctricos, que se consideran pili modificados, que aparecen en moitas bacterias, como por exemplo as dos xéneros ''[[Geobacter]]'' e ''[[Shewanella]]''. <ref name=Reguera>G. Reguera et al., Nature 435, 1098 (2005)</ref><ref name=Gorby2006>Y. A. Gorby et al., Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 103, 11358 (2006).</ref> Os nanocables condutores foron confirmados tamén na [[cianobacteria]] oxixénica ''Synechocystis'' PCC6803 e no cocultivo de [[metanóxeno]]s termófilos formado por ''Pelotomaculum thermopropionicum'' e ''Methanothermobacter thermoautotrophicus''.<ref name=Gorby2006 />
 
Estes nanocables son pili modificados, que se utilizan para establecer conexións con [[aceptor terminal de electróns|aceptores terminais de electróns]]. As especies do xénero ''[[Geobacter]]'' utilizan os nanocables para transferir electróns a aceptores electrónicos extracelulares, como óxidos Fe(III). <ref>Reguera et al. 2005. Extracellular electron transfer via microbial nanowires. Nature 435:1098-1101 .</ref> Esta función descubriuse examinando mutantes cuxos pili podían unirse ao ferro, pero non reducilo. <ref>Reguera et al. 2005. Extracellular electron transfer via microbial nanowires. Nature 435:1098-1101 .</ref>
Ademais, os nanocables poden facilitar transferencias de electróns a gran distancia a través de grosas capas de [[biofilme]] <ref>Reguera et al. 2006. Biofilm and nanowire produciton leads to increased current in Geobacter sulfurreducens fuel cells. Appl. Environ. Microbiol. 72:7345-8.</ref>. Ao conectalas con outras células que están por encima delas, os pili permiten ás bacterias que están situadas en condicións anóxicas seguir utilizando o oxíxeno como aceptor terminal de electróns. Por exemplo, os organismos do xénero ''[[Shewanella]]'' forman pilis condutores de electricidade en resposta á limitación de aceptores electrónicos. <ref>Gorby et al. 2006. Electrically conductive bacterial nanowires produced by Shewanella oneidensis strain MR-1 and other microorganisms. Proc Natl Acad Sci USA 103(30):11358-63.</ref>