Tilacoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 37:
O fotosistema II está localizado principalmente nos tilacoides da grana, e o fotosistema I e a ATP sintase está localizado principalmente nos tilacoides do estroma e as capas externas da grana. O [[complexo do citocromo b6f]] está distribuído por igual en todas as membranas tilacoidais. Debido a esta localización preferente en sitios distintos dos dous fotosistemas, requírense transportadores de electróns móbiles para transportar electróns entre eles. Estes transportadores son a [[plastoquinona]] e a [[plastocianina]]. As plastoquinonas transportan electróns do fotosistema II ao complexo do citocromo b6f, e a plastocianina transpórtaos desde o complexo do citocromo b6f ao fotosistema I.
 
Entre todas, estas proteína utilizan a enerxía da luz para facer funcionar a [[cadea de transporte de electróns]] cloroplástica que xera un [[potencial quimiósmótico]] a través da membrana tilacoidal (necesario para a produción de [[Adenosín trifosfato|ATP]]) e forma [[NADPH]], un produto da reacción [[redox]] terminal da cadea. A [[ATP sintase]] utiliza o potencial quimioosmótico para producir [[adenosina trifosfato|ATP]] durante a [[fotofosforilación]].
 
====Fotosistemas====