Respiración anaerobia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Na respiración anaeróbica non se utiliza osíxeno. Como aceptor final de electróns utilízase outra substancia, xeralmente inorgánica, como o nitrato, sulfato, dióxido de carbono, Fe<sup>3+</sup>, xofre, etc. En casos máis raros o aceptor final de electróns pode ser orgánico ([[fumarato]], [[óxido de trimetilamina]]). As bacterias que realizan a respiración anaeróbica son en moitos casos anaerobias estritas, pero tamén hai especies que poden vivir con ou sen osíxeno, cambiando de [[metabolismo microbiano|metabolismo]] segundo as condicións (por exemplo, as bacterias [[nitrificación|nitrificantes]] poden facer tanto a respiración aerobia coma a anaerobia, e todo depende de se dispoñen de osíxeno ou non).
 
Na respiración anaeróbica intervén en xeral unha cadea de transporte electrónico similar á da mitocondria, con citocromos, quinonas e proteínas de ferro-xofre na que teñen lugar procesos [[redox]]. Nesta cadea realízase a reoxidación dos coencimas reducidos producidos durante a oxidación dos nutrientes. Pero na respiración aeróbica ao final da cadea estaba o osíxeno, que recollía os electróns (e transformábase en auga), e, polo contrario, na respiración anaeróbica ao final da cadea está ese outro aceptor que non é o osíxeno, por exemplo o nitrato (que ao recoller o electrón se transformaría en nitrito).
 
Todos os posibles aceptores finais de electróns da respiración anaeróbica teñen un [[potencial de redución]] menor ca o do O<sub>2</sub> na respiración aeróbica, polo que, partindo dos mesmos [[substrato encimático|substratos]] (por exemplo [[glicosa]]), a respiración anaeróbica vai xerar moita menos enerxía (ATP) ca a aeróbica.