Historia da informática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m →‎Anos 60: Arma nuclear
Liña 92:
'''[[1962]]'''
 
O mundo estivo ao bordo dunha guerra nuclear entre a [[Guerra Fría|Unión Soviética e os Estados Unidos]], no que se denominou a [[Crise dos misiles de Cuba]]. Por mor disto, unha das preocupacións do exército dos Estados Unidos era conseguir un xeito de que as comunicacións fosen máis seguras en caso dun eventual ataque militar con [[Arma nuclear|armas nucleares]]. Como solución entrou en consideración soamente o proceso de datos en forma [[electrónica]]. Os mesmos datos deberíanse dispoñer en diferentes computadores afastados uns doutros. Todos os computadores entrelazados deberían poder enviarse nun lapso curto de tempo o estado actual dos datos novos ou modificados, e cada un debería poder comunicarse de varios xeitos con cada outro. Devandita [[Rede informática|rede]] tamén debería funcionar se un computador individual ou certa liña fose destruída por un ataque do inimigo.
 
[[Joseph Carl Robnett Lickider]] escribiu un ensaio sobre o concepto de Rede Intergaláctica, onde todo o mundo estaba interconectado para acceder a programas e datos desde calquera lugar do planeta. En outubro dese ano, Lickider converteuse o primeiro director da [[ARPA]] (''Advanced Research Projects Agency'' ou ''Axencia de Proxectos de Investigación Avanzada''), unha organización científica creada en [[1958]] como contestación á posta en orbita por parte dos rusos do primeiro [[satélite (artificial)|satélite]], o [[Sputnik]].