Ponte disulfuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
Nas proteínas que conteñen gran número de [[cisteína]]s, a disposición correcta das pontes disulfuro necesita ás veces a intervención dun [[encima]] específico que posúa unha actividade de disulfuro isomerase como a PDI (''proteína disulfuro isomerase''). Este labor realízano os encimas do [[retículo endoplasmático]] rugoso, pero non os do [[citosol]]. O [[citosol]] das [[célula]]s é un ambiente moi redutor, e consecuentemente as proteínas citoplásmicas conteñen poucas ou ningunhas pontes disulfuro. Estas encóntrase sobre todo en proteínas exportadas a outros compartimentos celulares, como o lisosoma, ou fóra da célula. Tamén se encontran nos dominios extracelulares das [[proteína de membrana|proteínas de membrana]], e interveñen en concreto na [[oligómero|oligomerización]] das subunidades de certos receptores como o receptor da [[insulina]].
 
A reacción principal por medio da cal se forman ou rearranxan as pontes disulfuro nas proteínas é a reacción de intercambio tiol-disulfuro. Esta reacción non fai variar o número de pontes (como fai a [[oxidación-redución]]) senón que cambia a súa posición.
 
O intercambio tiol-disulfuro é unha reacción química na que un grupo tiolato -S<sup>-</sup> ataca a un átomo de [[xofre]] dunha ponte disulfuro -S-S-. A ponte disulfuro orixinal rompe, e o seu outro átomo de xofre (verde na figura) libérase como un novo tiolato, levando con el a carga negativa. Mentres, fórmase unha nova ponte disulfuro entre o tiolato que ataca (vermello na figura) e o átomo de xofre da ponte orixinal (azul na figura).<ref>{{cite journal | author = Gilbert HF | year = 1990 | title = Molecular and Cellular Aspects of Thiol-Disulfide Exchange | journal = [[Advances in Enzymology]] | volume = 63 | pages = 69–172 | pmid = 2407068 | doi = 10.1002/9780470123096.ch2}}</ref><ref>{{cite journal | author = Gilbert HF | year = 1995 | doi = 10.1016/0076-6879(95)51107-5 | title = Thiol/disulfide exchange equilibria and disulfide bond stability | journal = [[Methods in Enzymology]] | volume = 251 | pages = 8–28 | pmid=7651233}}</ref>