Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
m + cat
Liña 1:
{{Atención}}
 
 
[[es:Vilaxoán]]
'''Vilaxoán de Arousa atópase na marxe esquerda da Ría de Arousa na posición de latitude 42º 35` 4 N. e lonxitude 08º 47´ 3 W, esta vila e porto é o núcleo de máis importancia tanto en poboación como en edificación da freguesía de San Martiño de Sobrán. Toda a freguesía ten unha superficie de 5,9 Quilómetros cadrados con 83 Hectáreas de monte e 3.407 habitantes do censo de 2004, foi concello de seu desde 1836 ata 1913 e desde esta data pertence ao concello de Vilagarcia de Arousa.
Non se ten moita constancia da habitabilidade desta vila en épocas remotas, pero os estudios arqueolóxicos, o conxunto de costumes e crenzas que se transmitiron de xeración en xeración , a toponimia nos da pé a xulgar de que a Vila debeu estar habitada dende tempos moi antigos. Non é moi doado fixar con exactitude a época na que se formou un núcleo de poboación con un nome definido, pero tomando como base os estudios que se fixeron a fins do século XIX e primeiros do XX, onde apareceron varios obxectos de pedra pulimentada e cobre pertencentes a razas aborixes, pódese dicir sen dúbida que a Vila debeu estar habitada nunha época cando menos anterior á neolítica, e polo tanto, prehistórica, aínda cando estes elementos atópense tamén en moitos lugares nos que abrangue a historia.
Liña 27:
 
O eminente polígrafo vilagarcián D. Fermín Bouza-Brey, expoñía nas súas teses que, os romanos escolleran o porto de Vilaxoán como un dos que arribaren de cando en vez nas súas viaxes pola Ría de Arousa, na súa opinión comentaba que tódolos achados de restos de ánforas procedían da limpeza dos barcos que se atopaban no porto.'''
 
[[category:Vilagarcía de Arousa]]