McDonnell Douglas MD-80: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
Entrou en servizo en [[1980]]. Orixinalmente foi certificado como unha versión do DC-9, pero cambiouse para o MD-80 en xullo de [[1983]] como un movemento de mercadotecnia. As novas versións da serie foron inicialmente os MD-81/82/83 e o acurtado MD-87, a pesar de que a súa certificación formal era DC-9-81/82 etc. Só o MD-88 recibíu unha certificación coa designación "MD", ao igual que o posterior MD-90.
[[Imaxe:SpanairMD-83 LBA.jpg|miniatura|250px|MD-83 de [[Spanair]]]]
 
As versións MD-80 teñen cabina, aviónica e aerodinámica melloradas, ademais de motores da serie JT8D-200 máis potentes, eficientes e silenciosos, que significan unha considerable mellora con respecto aos máis pequenos das series JT8D-15, -17, -11, e -9. Os MD-80 teñen tamén fuselaxes mais longas que os seus anteriores homólogos DC-9, ademais de máis alcance. Algúns clientes, como [[American Airlines]], aínda se refiren a eles na súa documentación de frota como "Super 80". A día de hoxe este modelo está operativo en grandes cantidades con aeroliñas como American Airlines e [[Delta Air Lines]]. Avións semelantes á serie MD-80 son o [[Boeing 737|Boeing 737-400]] e o [[Airbus A320]].
 
No ano [[2012]] creouse unha versión de carga ao convertir avisóns de pasaxeiros sobrantes.<ref>{{cita web|título=Converted MD-80 lifts off on maiden flight|url=http://www.flightglobal.com/news/articles/converted-md-80-lifts-off-on-maiden-flight-377299/|editor=Flightglobal|dataacceso=26 de xullo de 2014}}</ref>
 
=== Probas de voo e certificacións ===
O primeiro MD-80, o 909 DC-9, realizou o seu voo de estrea o 19 de outubro de 1979. As probas de voo, a pesar de que dous avións resultaron considerablemente danados en accidentes, cmpletáronse o [[25 de agosto]] de [[1980]], cando a primeira variante do MD-80, o MD-81 equipado cos motores JT8D-209 (ou DC-9-81), certificouse baixo unha enmenda da certificación da FAA para o DC-9. Nestas probas de voo participaron tres avións que acumularon un total de 1.085 horas en 795 voos. A primeira entrega a [[Swissair]], o seu cliente de lanzamento, tivo lugar o [[13 de setembro]] de [[1980]].
 
== Notas ==