McDonnell Douglas MD-80: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 30:
 
=== A serie MD-80 ===
[[Ficheiro:MD-83 Swiftair EC-KCX.jpg|miniatura|left|250px|MD-83 de [[Swiftair]] no [[aeroporto de Vigo]]]]
Os MD-80 son avións de tamaño e alcance medio que foron introducidos no ano 1980. O deseño é a segunda xeración do DC-9, con motores na parte traseira da fuselaxe, pequenas e altamente eficientes ás e unha cola en T. Trátase dun DC-9-50 alongado com máis peso ao despegue e máis capacidade de combustible. Deseñouse para voos de curto alcance frecuentes cunha capacidade de entre 130 e 172 pasaxeiros.
 
Liña 36:
 
A serie 80 contaba cunha fuselaxe 4,34 m máis longa que o DC-9-50. As ás do DC-9 foron redeseñadas engadíndolle seccións nas súas raíces e puntas resultando nunha á un 28% máis grande. O primeiro voo da serie 80 foi o [[19 de outubro]] de [[1979]].<ref name="Norris, Guy and Wagner, Mark" />
 
Entrou en servizo en [[1980]]. Orixinalmente foi certificado como unha versión do DC-9, pero cambiouse para o MD-80 en xullo de [[1983]] como un movemento de marketing. As novas versións da serie foron inicialmente os MD-81/82/83 e o acurtado MD-87, a pesar de que a súa certificación formal era DC-9-81/82 etc. Só o MD-88 recibíu unha certificación coa designación "MD", ao igual que o posterior MD-90.
 
== Notas ==