Macrólido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 61:
 
== Resistencias ==
A principal maneira que teñen as bacterias de adquirir resistencia aos macrólidos é por modificación da diana por medio de [[modificación postranscricional|metilación post-transcricionalpostranscricional]] do [[ARN ribosómico]] de 23 S bacteriano por metilases. Estas metilases están codificadas polo [[xene]] ''erm'', presente en ''[[Staphylococcus]]'', ''[[Streptococcus]]'', [[enterobacteriáceas|enterobacterias]] ou ''[[Lactobacillus]]''. Esta resistencia adquirida pode estar mediada tanto por [[plásmido]]s coma polo [[cromosoma]], por medio de mutacións, e orixina unha resistencia cruzada a macrólidos, [[lincosamida]]s, e [[estreptogramina]]s (un fenotipo MLS-resistente).
 
Outros tipos de resistencia adquirida que se dan raramente son a produción de encimas que inactivan o fármaco ([[esterase]]s ou [[quinase]]s), ou tamén o bombeo activo dependente do ATP, que transporta a substancia fóra da célula.