Diferenzas entre revisións de «Xene»

== Tipos de xenes ==
[[Ficheiro:Gene.png|miniatura|210px|Este diagrama esquemático mostra un xene en relación á súa estrutura física (dobre hélice de ADN) e a un cromosoma (dereita).]]
A maioría dos xenes codifican [[proteína]]s, responsables da maior parte das propiedades dun organismo. Para o mesmo, a [[transcrición (ARN)|transcrición]] xera unha molécula de ARN que posteriormente sufrirá [[tradución (proteínas)|tradución]] nos [[ribosoma]]s, proceso polo cal se xera unha proteína. Moitos xenes se atopan constituídos por rexións codificantes ([[exón]]s) interrompidas por rexións non codificantes ([[intrón]]s) que son eliminadas no [[procesamento do ARN]]. En [[célula procariota|células procariotas]] isto non ocurre. A [[secuencia de bases]] presente no ARN determina a secuencia de [[aminoácido]]s da proteína por medio do [[código xenético]].
 
Outros xenes non son traducidos a proteína, senón que cumpren a súa función en forma de ARN. Entre estes, atopamos xenes de ARN transferente, [[ARN ribosómico]], [[ribocima|ribozimas]] e outros ARN pequenos de funcións diversas.
205.265

edicións