Diferenzas entre revisións de «Lugano»

m (Bot: Retiro 67 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q7024)
 
== Historia==
As ribeiras do Lago de Lugano foron habitadas dende a [[Idade de Pedra]]. Posteriormente, [[etruscos]], [[celtas]] e [[Imperio Romano|romanos]] deixaron vestixios do seu paso pola zona. O primeiro documento que fala da existencia dunha cidade na súa actual ubicaciónlocalización é de 724, aínda que a súa autenticidade está hoxe discutida. Hai que agardar ata o 1189 para atopar un escrito no que a vila se nomee coa súa denominación actual. Durante os séculos XIV e XV foi obxecto de desputadisputa entre os ducados de [[Ducado de Como|Como]] e [[Ducado de Milán|Milán]], non sendo ata o 1513 cando pasou a formar parte da [[Antiga Confederación Suíza]].
 
En 1798 entrou a formar parte da [[República Helvética]], baixo o control de [[Napoleón]], chegando a ser o centro do cantón de Lugano. Unha revolta acontecida catro anos máis tarde declarou a independencia do cantón da República Helvética. Coa sinatura da [[Acta de Mediación]] ao ano seguinte, na que, baixo o auspicio de Napoleón, se creou a Confederación Suíza monicreque do [[Primeiro Imperio Francés]] e que perduraría ata o 1815, o cantón de Lugano uniuse ao de [[Bellinzona]] dando lugar ao actual cantón de Tesino, do que Lugano é a principal cidade, aínda que non a capital.
195.722

edicións