Diferenzas entre revisións de «Pedro III de Aragón»

lig int
(lig int)
Todo o seu reinado centrouse na expansión da Coroa de Aragón polo Mediterráneo e para iso aproveitou o seu matrimonio con Constanza para reivindicar a coroa siciliana.
 
=== Biografía Traxectoria===
Sicilia atopábase dende [[1266]] baixo a soberanía de [[Carlos de Anjou]] quen, co apoio do papa [[Clemente IV, papa|Clemente IV]] que non desexaba a ningún Hohenstaufen no sur de Italia, fora investido rei tras derrotar, en [[Benevento]], a Manfredo quen faleceu na batalla.
 
O monarca anxevino fixo cegar aos tres fillos homes de Manfredo e, en [[1268]], capturou e fixo decapitar a [[Conradino de Hohenstaufen|Conradino]] que como neto de [[Federico II Hohenstaufen|Federico II]] era o último herdeiro home da casa Hohenstaufen. A liña sucesoria pasou entón a Constanza quen ofrece refuxio en Aragón ás familias partidarias do seu pai, a Lanza, os Lauria, os Prócidas.
 
En [[1279]] unha frota da coroa aragonesa, ao mando de [[Conrado Lanza]], percorre as costas africanas para restablecer a soberanía feudal de Aragón sobre [[Tunisia - تونس|Tunisia]] que a morte do emir Muhammad I al-Mustansir debilitara. Posteriormente, en [[1281]], Pedro III armou unha frota para invadir Tunisia e solicitou ao recentemente elixido papa [[Martiño IV, papa|Martiño IV]] unha bula que declarará a operación militar como [[cruzadas|cruzada]]; mais o papa, de orixe francesa e partidario de Carlos de Anjou, negoulla.
 
Cando a frota se dispuña a partir, tiveron lugar en Sicilia os acontecementos coñecidos como as [[Vésperas sicilianas]] que provocaron a expulsión da illa, tras unha gran matanza, dos franceses. Os sicilianos enviaron entón unha embaixada a Pedro III ofrecéndolle a coroa siciliana á que tiña dereito grazas ao seu matrimonio. O rei aragonés puxo entón a súa frota rumbo a Sicilia onde arribou o [[30 de agosto]] de [[1282]] e onde foi coroado rei na cidade de [[Palermo]].
128.576

edicións