Compañía de Xesús: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
Fundada eno 15 de agosto de [[1534]] en París,<ref>{{cita libro |título=The Jesuits, 1534-1921: A History of the Society of Jesus from its Foundation to the Present Time |autor=Thomas J. Campbell |editor=The Floating Press |ano=2014 |isbn=9781776530991 |páxina=32}}</ref> e aprobada pola [[congregación|igrexa]] en [[1540]] por medio da bula ''Regimini Militantis Ecclesiae'' do [[papa]] [[Paulo III, papa|Paulo III]], é unha orde apostólica que concreta a súa misión polo servizo da [[fe (relixión)|fe]] e a promoción da [[xustiza]].
 
Os membros desta orde coñécense popularmente como os xesuítas. Con 20.000 membros, é a orde máis grande da [[Igrexa Católica Romana]] da actualidade. A súa estrita formación de máis de dez anos (estudan filosofía e teoloxía, ademais de realizar "prácticas" de diversa natureza e estudar diferentes linguas) fixo que se convertesen durante máis de catro séculos nos líderes intelectuais do catolicismo. Os xesuítas realizan os tres votos habituais da vida relixiosa ([[Obediencia (actitude)|obediencia]], [[pobreza]] e [[castidade]]), pero ademais, suman outro voto de obediencia ao [[Papa]]. A Compañía de Xesús foi unha organización relixiosa que sempre viviu entre a loanza e a crítica, mais sempre na polémica.