Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
2.383 - 10.000 feridos
}}
A '''invasión soviética de Polonia de 1939''' foi unha operación militar da [[Unión Soviética]] iniciada sen unha declaración formal de guerra o día [[17 de setembro]] de [[1939]], durantes as primeira fases da [[Segunda Guerra Mundial]]. Dezaseis días despois de que a [[Alemaña nazi]] invadise Polonia dende o oeste, a Unión Soviética fixo o mesmo dende o leste. A invasión rematou o [[6 de outubro]] de [[1939]] coa división e anexión de toda a [[Segunda República Polaca]] polos alemásalemáns e os soviéticos.
 
A comezos de [[1939]] a Unión Soviética iniciou negociacións co [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Polonia]] e [[Romanía]] para establecer unha alianza contra a Alemaña nazi. As negociacións fallaron cando os soviéticos esixiron a Polonia e Romanía dereitos de tránsito para as súas tropas no seu territorio como parte dun acordo colectivo de seguridade. O fracaso desas negociacións levaron á Unión Soviética a asinar o [[pacto Ribbentrop-Molotov]] coa Alemaña nazi o [[23 de agosto]]; este era un pacto de non-agresión que contiña un protocolo segredo para dividirse o norte e o leste de [[Europa]]. Unha semana despois de asinar o tratado as forzas alemás invadiron Polonia dende o norte, oeste e sur. As forzas polacas retiráronse cara o sueste e preparáronse para a defensa na cabeza de ponte romanesa, agardando polo apoio francés e británico. O [[Exército Vermello]] invadiu o [[Kresy]] (as provincias da fronteira leste) segundo o protocolo segredo o día [[17 de setembro]]. O goberno soviético anunciou que estaba actuando para protexer aos ucraínos e bielorrusos que vivían na parte leste de Polonia, debido a que o estado polaco colapsara polo ataque alemá e non podía garantir a seguridade dos seus propios cidadáns. Cunha segunda fronte, o goberno polaco chegou á conclusión de que a defensa da cabeza de ponte romanesa xa non era factible, e ordenou a evacuación de emerxencia de todas as tropas á neutral [[Romanía]].
As forzas soviéticas ocuparon o leste de Polonia ata o verán de [[1941]], cando foron expulsados pola invasión do exército alemán durante a [[Operación Barbarossa]]. A zona estivo baixo a ocupación nazi ata que o Exército Vermello reconquistouna no verán de [[1944]]. Un acordo na [[Conferencia de Ialta]] permitiu á Unión Soviética anexionarse case toda a súa porción da [[Segunda República Polaca]] segundo o Pacto Molotov-Ribbentrop, compensando á [[República Popular de Polonia]] coa metade sur de [[Prusia Oriental]] e territorios ao leste da [[liña Oder-Neisse]]. A Unión Soviética integrou os territorios invadidos nas Republicas Socialistas Soviéticas de [[República Socialista Soviética de Ucraína|Ucraína]] e [[República Socialista Soviética de Bielorrusia|Bielorrusia]].
 
En agosto de [[1945]], tras o final da guerra en [[Europa]], a [[Unión Soviética]] e [[Polonia]] asinaron un tratado de fronteiras. Este acordo recoñecía o ''status quo'' da fronteira oficial coa excepción da rexión ao redor de [[Bialystok]] e unha pequena parte da ribeira leste do [[río San]] ao seu paso por [[Przemyśl]], en [[GalitsiaGalicia (Europa Central)|Galicia]], que foi devolta a Polonia.
 
== Antecedentes ==
67.952

edicións