Accidente de Chernóbil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 216:
A contaminación do accidente de Chernóbil dispersouse irregularmente dependendo das condicións meteorolóxicas, pero a forza aérea soviética fixo que chovese sobre [[Bielorrusia]] para descargar as partículas radioactivas das nubes e evitar que chegase a zonas máis poboadas. Informes de científicos soviéticos e occidentais indican que [[Bielorrusia]] recibiu ao redor do 60 % da contaminación que caeu sobre a antiga [[Unión Soviética]]. Porén, o informe TORCH de [[2006]] afirma que a metade das partículas volátiles aterraron fóra de [[Ucraína]], [[Bielorrusia]] e [[Rusia]]. Unha gran área de [[Rusia]] ao sur de [[Bryansk]] tamén resultou contaminada, ao igual que partes do noroeste de [[Ucraína]]. Os estudos realizados nos países veciños indican que ao redor dun millón de persoas puideron resultar afectadas pola radiación.
 
Datos publicados recentemente dun programa de monitoreo a longo prazo (o ''Korma-Studie'')<ref>[http://juwel.fz-juelich.de:8080/dspace/handle/2128/3551 Langzeitbeobachtung der Dosisbelastung der Bevölkerung in radioaktiv kontaminierten Gebieten Weißrusslands - Korma-Studie]</ref> amosan un descenso da exposición á radiación interna nos habitantes da rexión de [[Bielorrusia]] próxima á cidade de [[GomelHomieĺ]]. Incluso é posible que se poidan habitar áreas prohibidas, sempre que as persoas sigan unhas certas normas con respecto á súa dieta.
 
=== Emisión radioactiva ===