Sergei Eisenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
== Análise da súa obra ==
En 1925 puxo en práctica as súas teorías na súa primeira grangrande obra, ''[[Stachka]]'' (''Стачка''), se ben el mesmo considerou que fracasara á hora de facer fluír as emocións dos espectadores, e que era demasiado teatral. Incautouse da única copia que había da película, e non se puido volver distribuír ata despois da súa morte, se ben xa fora exhibida en Occidente, e obteraobtivera o premio na [[Exposición Universal de París (1925)|Exposición Uiversal]] de [[París]] de 1925.
 
Será a súa seguinte película, ''[[O acoirazado Potemkin]]'', a que dará a coñecer o seu nome en todo o mundo, sendo unha das películas sobre as que máis se escribiu en toda a historia do cine. Segundo Eisenstein, o guión da película, de [[Nina Agadzhánova-Shutkó]], foi escrito para unha película en oito episodios, ''1905'', que se comezou a rodar en San Petersburgoo e pensaba contar os sucesos da folga xeral dese ano. Tiveron que abandonar a rodaxe polo mal tempo, dirixíndose a [[Odessa]] a rodar o capítulo dedicado ó motín do Potemkin. O director decidiu entón centrar a película nese episodio, abandonando o proxecto de ''1905''.
 
Ó chegaren a [[Odessa]], buscou ósos superviventes dado masacre, e incluso localizou os debuxos dun francés que fora testemuña do ocorrido. Reescribiu o guión e realizou diversos intertítulos para dirixir a acción. Malia que os medios eran escasos, obtiveron resultados asombrosos grazas a unha serie de experimentos técnicos como pantallas proxectantes, fotografía desenfocada ou plataformas móbiles. Eisenstein monta a película con 1290 planos, combinados con xenial mestría mediante unha montaxe rítmica. Os movementos de cámara son escasísimos (só realiza algúns [[travelling]]s) porque os considera innecesarios, xa que o movemento está determinado pola acción e pola montaxe. Destaca a escena da escalinata, con 170 planos, na que o pobo é brutalmente agredido polas forzas tsaristas, onde crea un tempo artificial, que fai que a secuencia dure case 6 minutos. Prescindirá de simbolismos intelectuais, e cunha espléndida fotografía, na que a masa se converte na auténtica protagonista da obra, acaba por ser considerada a primeira obra mestra do cine soviético.
 
Tras esta película fixo dous traballos máis, ''[[Oktyabr': Desyat' dney kotorye potryasli mir]]'', onde narra os sucesos do asalto ó Pazo de Inverno durante a Revolución bolxevique de 1917, e ''[[Staroye i novoye]]'', película sobre a reforma agraria. Desta última tivo que cambiar o guión en varias ocasións polos cambios na colectividade agraria na Unión Soviética. Nestas dúas obras volveu experimentar cunha nova linguaxe a través das imaxes, pero pola súa complexidade non chegaron a ser moi ben comprendidas na súa época. Ademais en ''Staroye i novoye'' a protagonista non é a masa, senón unha heroína individual, María Lápkina. O problema que tivo con ''Oktyabr''' foi o atraso de ata cinco meses na estrea, porque en pleno proceso de postprodución decatouse de que [[Trotski]] caera en desgraza, polo que tivo que retirar os planos nos que aparecía.
Liña 46:
Despois da experiencia por Europa e América, regresou profundamente deprimido á súa patria, onde tampouco puido culminar a súa seguinte rodaxe: ''[[Bezhin lug]]'', traxedia campesiña, que será saboteada polo máximo responsable da cinematografía rusa, que a considera politicamente incorrecta. Entón, ó igual que fixera [[Vsevolod Pudovkin]], refuxiouse no ensino e na elaboración da súa teoría sobre o emprego da cor e do son, que finalmente non logrou levar á práctica.
 
Dez anos despois da súa última obra dirixe ''Aleksandr Nevski'', que conta as andanzas deste heroe nacional ruso, que derrotou ósos teutóns no século XIII. Nela volve facer gala da súa mestría para a montaxe. A protagonista volve ser unha soa persona, non a masa, e desaparece o seu vigoroso estilo [[documental]] para ser substituído por unha delicada reconstrución da historia.
 
A comezos dos anos corenta proxectou unha ampla triloxía sobre a figura de Ivan Grozni, o tsar [[Iván IV de Rusia|Iván o Terrible]]. Presenta o drama do tsar como a materialización das contradicións dun político crente, fiel e ortodoxo, que se ve obrigado a enfrontarse coa Igrexa rusa que non quere perder os seus privilexios feudais. A imaxe que presenta Eisenstein deste tsar torturado, que se cuestiona se o poder provén de Deus ou do pobo, desgusta ósos dirixentes comunistas soviéticos, e despois de recibir o Premio Stalin polo primeiro capítulo, a segunda e terceira parte, que pensaba rodalas en color, son prohibidas. Eisenstein falece caído en desgraza.
 
Os seus ensaios literarios cinematográficos e asos súasseus dotes como orador, tendo en conta que falaba alemán, inglés e francés, fixeron que exerceraexercese unha grangrande influencia sobre a teoría cinematográfica da época.
 
== Características da súa obra ==